Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Admisión 24-25

O vindeiro 1 de marzo comeza o periodo de admisión para o alumnado que comeza o 2º ciclo de infantil ou para aqueles que desexan cambiar de centro.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión é do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Na web iremos colgando todas as novidades ao respecto deste proceso. 

As solicitudes (ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O formulario poderán atopalo na aplicación admisionalumnado, na páxina web ou pasar a recollelo no propio centro. Recordamos que a presentación de solicitudes de admisión, de facelo de forma presencial, debe ser entregada na secretaría do centro xa que é imprescindible darlle rexistro de entrada para posibles futuras reclamacións

O alumnado que xa está matriculado no centro e que vaia a continuar nel para o vindeiro curso, non teñen que facer nada, xa que teñen garantía de permanencia no centro.

A solicitude deberá vir acompañada da documentación acreditativa do requisito de idade: Libro de familia ou DNI.

A admisión e a matriculación nun centro docente público implicará respectar o seu proxecto educativo.

LEXISLACIÓN ADMISIÓN

DOCUMENTOS ADMISIÓN

  

FORMULARIO ADMISIÓN CASTELÁN

FORMULARIO ADMISIÓN GALEGO        

AdxuntoTamaño
VACANTES CURSO 24-25.pdf172.04 KB
CALENDARIO ADMISIÓN.pdf148.76 KB
criterio admisión.pdf245.17 KB
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR ADMISIÓN.pdf162.1 KB
SERVIZOS COMPLEMENTARIOS.pdf117.13 KB
NOTA INFORMATIVA.pdf366.95 KB
Resolución10-01-2024.pdf382.25 KB
VACANTES CURSO 24-25 nuevo.pdf146.71 KB