Información xeral.
OBXECTIVOS 2010/11.
- Crear un Grupo de Traballo, Seminario Permanente e/ou Proxecto de Formación de Centros para unificar o nivel de coñecementos do profesorado das TIC’s.
- Implicar ao profesorado na aprendizaxe, uso e divulgación da páxina web do centro.
- Realizar cos alumnos traballos usando as TIC.
- Aprender a contrastar a información en distintos soportes.
- Promocionar nas familias a páxina web do Centro.
- Informar sobre os perigos das redes sociais e as TIC’s.
- Introducir as TIC como soporte de información e difusión das actividades do Centro.
- Potenciar entre o profesorado o uso da Aula de Informática e dos medios TIC que dispón o Centro.
- Colaborar cos distintos grupos dinamizadores das actividades do Centro.
O Centro conta con :
- Aula de Informática con PDI.
- PDI na Aula de Música.
- En cada aula de Ed. Primaria ordenador con canón e 4 colocados nos últimos cursos de Ed. Infantil.
- Ordenadores nas aulas de PT e de AL.
- Punto de información na Biblioteca.