Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS CURSO 2019-2020

Prezada comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal. 

Esta nota ten como obxectivo convidar tanto a familias como profesorado a unha reunión para continuar o PROXECTO TRANSFORMANDO PATIOS!

Dende o curso 2017-2018, vimos traballando conxuntamente, dende o cole (nen@s, familias, persoal do cole) e a Universidade da Coruña (Facultade de Ciencias da Saúde, Terapia Ocupacional), nun proxecto de transformación colaborativo dos patios, co obxectivo de fomentar a participación e a inclusión nos mesmos.

Durante o curso 2018-2019, o alumnado do cole (todo!), o profesorado e as familias, participaron sacando fotografías e debatendo sobre os elementos que “gustan” e os que “non gustan” dos patios e propoñendo alternativas de cambio.  Ao final do curso, con toda esta información analizada de forma participativa, fixemos varias reunións nas que estaban convidadas familias e profesorado, para poder artellar fórmulas para facer realidade as prioridades identificadas pol@s nen@s. Consensuadamente, se decidiu que era relevante comezar pintando os patios entre tod@s!

Pensando na primavera, convocamos a toda persoa interesada a participar a unha reunión que terá lugar o vindeiro 9 de Marzo do 2020, ás 17:00 no cole. Faremos unha recapitulación do que levamos feito ata o momento e organizaremos conxuntamente os seguintes pasos.

Asemade, recordade que temos web na que está toda a info do proxecto: https://www.transformandopatios.org/

Agardámosvos con moita ilusión!!

O equipo da universidade e o equipo directivo do CEIP Parga Pondal