SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Benqueridas familias:
Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.
Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 10 de xuño inclusive.
Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.
Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO
19-05-22
SOLICITUDE CAMBIO OPTATIVA
Benqueridas familias:
Ata o vindeiro 10 de xuño podedes solicitar o cambio de optativa (Relixión/valores) para o vindeiro curso.
Para iso, deberedes cubrir o formulario correspondente marcando a nova opción elexida e envialo por correo electrónico a ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto "CAMBIO DE OPTATIVA" ou ben entregalo de forma presencial na secretaría do centro.
Podedes descargar o formulario AQUÍ.
Gracias pola vosa colaboración
RENUNCIA Á PRAZA
Benqueridas familias:
No caso de que o seu fillo/a obtivera praza noutro Centro, pregámoslle que o comunique o máis axiña posible, co fin de non perxudicar a outros posibles alumnos/as.
Para elo, debe enviar cuberto ao correo do centro ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal o formulario que pode descargar picando AQUÍ.
Moitas gracias pola vosa colaboración
FONDO LIBROS
Benqueridas familias.
Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Tamén podedes presentalo na secretaría do centro traendo cubertos os seguintes documentos:
O prazo para presentar solicitudes iniciarase o 18/05/2022 e rematará o día 22/06/2022 (este incluído).
CONVOCATORIA DE BECAS
INFORMAMOS ÁS FAMILIAS DA RECENTE PUBLICACIÓN NO BOE DA CONVOCATORIA DE BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO.
DEIXAMOS AQUÍ O ENLACE.
file:///C:/Users/Usuario/Desktop/LOLI/direcci%C3%B3n/Becas%20NEE.pdf
LISTADOS DEFINITIVOS DE ADMISIÓN
Estimadas familias:
Dende hoxe pódense consultar as listaxes definitivas de alumnos/as admitidos/as e non admitidos/as para o vindeiro curso 22-23 na secretaría do centro do centro, ou ben, as persoas que realizaron a solicitude dende a chave 365 entrando na propia aplicación.
As persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación.
Non se van dar información via telefónica nin por e mail sobre as listaxes de admitidos/as nin de non admitidos. Todos estos son datos de carácter persoal suxeitos á protección de datos, por tanto, tampouco está permitido sacar fotografías da listaxe, se alguén o fai será o responsable de dito feito.
Ao non haber reclamacións, non houbo modificacións respecto á listaxe provisional.
A formalización da matrícula será entre o 20 e o 30 de xuño e daranse as indicacións oportunas unha vez nos aproximemos á data.
13-5-22
ESCOLA DE FAMILIAS: TECNOLOXÍA, CONVIVENCIA E ADICCIÓNS
Estimadas familias,
Anunciamos a charla de Escola de familias que organiza o Centro de Formación e Recursos da Coruña sobre "Tecnoloxía, convivencia e adiccións" por se é do voso interese.
Un saúdo.
ACHEGA DOCUMENTACIÓN BAREMO ADMISIÓN
Todas as persoas que solicitaron praza para o vindeiro curso para 6º de educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria deberán achegar a documentación xustificativa para que a puntuación solicitada do baremo sexa valorada en base a eles.
Prazo de presentación: Do 24 de marzo de 2022 ao 6 de abril de 2022. (Non se recollerán documentos antes da data prevista nin despois, tampouco por e mail).
NOVAS SOBRE O USO DAS MÁSCARAS
O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »