Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

2º E.Primaria

xoves 4

Boas, familias e crianzas! Esperando que un día máis estedes ben todas e todos, vos deixamos hoxe unha proposta didáctica relacionada directamente con Oleiros e súa traxectoria ambiental en torno ao mundo mariño e de unha das aves máis coñecidas por estes lares. Seguramente moitas e moitos de vós xa coñecedes, e mesmo vivistes moi de cerca a historia da pardela "Cincenta"; de seguro vosos fillos e fillas escoitarán da vosa boca con moita atención a vosa experiencia con respeto a ela. De non ser así, paga a pena achegarse ao paseo de Santa Cruz, fronte ao Castelo, para botar unha ollada ao panel informativo que fala desta ave singular polos seus veraneos no hotel "Portocobo". 

Tamén vos contamos a importancia do día dos Océanos, inda que nos adiantamos unha semana á súa celebración, que se conmemora o día 8 deste mes.

Xa sabemos que cada día é máis complicado facer as tarefas e que se centren nos contidos escolares, por iso a proposta de hoxe vai pouco cargada de traballo, inda que sexa voluntario e carente valor baremable.

Moito ánimo con esta situación, apertas para todas e bon día!

Deica loguiño pois...

En liña:

https://es.liveworksheets.com/jq738967ty

Pdf:

https://drive.google.com/file/d/1cE-x_aBcSONnowpASqwJK7f6VQ9mY_Lp/view?usp=sharing

mércores 20

Mércores, 20 de maio do 2020 actividades para 2º (Iris e Mavi):
 
En liña:
 
 
 
Pdf:
 
 
 Apertas!
 
Distribuir contido