DAFIS 2019

- DAFIS, no ámbito educativo escolar, é un protocolo de valoración da Condición Física (CF) relacionada coa saúde que pode utilizar o profesorado de E.F. e o seu alumnado (baixo supervisión).

- Inclúe unha batería multicompoñente da CF. Todas as probas de CF cumpren os criterios de validez, fiabilidade, economía de aplicación e sustentabilidade.

- Os seus resultados poden compararse con valores criterio (puntos de corte) ou con valores normativos (percentís poboacionais). * criterio: IMC / Course navete (resistencia cardiovascular).

O resultado obtido xa ten un valor en si mesmo. * norma: resto de probas (establece un valor en función da mediana existente na plataforma para a mesma idade e sexo no momento de realizar as probas.

- Os resultados introdúcense nunha plataforma web, construída ad-hoc, que os avalía de forma automática e emite diferentes informes. - No ano 2018, DAFIS foi seleccionada pola oficina europea da OMS como mellor exemplo de boas prácticas en España para a promoción da actividade física no ámbito escolar. 

Flexibilidade

A totalidade do alumnado do colexio por terceiro ano consecutivo participa no programa DAFIS sobre a valoración da condición física e o control de varios parámetros de saúde.

Salto de lonxitude

Proba de forza isométrica co dinamómetro manual