1ª XORNADA DE EDUCACIÓN VIARIA NO CEIP PLURILÍNGÜE DE GUILLAREI
O pasado luns 8 de maio no tempo de lecer organizamos a primeira xornada de educación viaria no pavillón da escola.
Coa axuda da mestra Lua e da súa alumna Ainara deseñamos un circuíto con diferentes sinais de tráfico. Logo varios alumn@s voluntarios colaboraron en que se respecten as normas de circulación.
Moitas grazas as familias por colaborar no transporte das bicicletas.