Debido ao parón das clases derivado da pandemia COVID 19, dende o centro facilítanse o acceso a uns materiais dixitais para que o alumnado poda proseguir co proceso de aprendizaxe.
O acceso a estes materiais está pensado para poder ser feito dende calquer dispositivo móbil, puidendo imprimirse en calquera impresora ou fotocopiadora. Rógase a colaboración das familias no seguimento e apoio do proceso de ensino aprendizaxe do alumnado, así como no soporte ou axuda ás nais e pais que, polo motivo que sexa, teñan dificultade en acceder a estas carpetas dixitais.
Dinamización da lingua galega
CONSELLOS PARA COLABORAR COAS TAREFAS
1. Establecer un sitio axeitado para realizar as tarefas libre de distraccións.
2. Fixar un momento do día. Preferiblemente de mañá para coincidir co hábito do colexio.
3. Supervisar ao neno/a durante a tarefa. Non é preciso facer as tarefas con eles, xa que teñen que adquirir autonomía.
4. Preguntar se o neno/a entendeu a tarefa. Explicar con outras palabras de ser preciso.
5. non recompensar por facer as tarefas. Nin facerllas ver coma un castigo.
6. Falar das tarefas sempre con términos positivos. Pois grazas a estas mellorarán e reforzarán so seus coñecementos.
Moitas grazas!