Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA AUGA

Para conmemorar o Día da Árbore, o 21 de marzo, o alumnado fixo diferentes plantacións.

En primeiro lugar, plantaron un arce xaponés fóra do centro.

Despois plantaron no recinto e nos patios interiores do colexio xeranios, margaridas, calas e rosais moi coloridos para darlle a benvida á primavera.

Para rematar, puxeron en marcha a horta con repolos, porros, cenorias, amorodos e framboesas...

Pasamos unha xornada diferente e moi divertida!

* Pódense visualizar máis fotografías na Galería.

 

O día 22 de marzo, conmemoramos o Día da Auga co estudo das distintas  fontes de Ribadeo.

Portas Abertas 2023

CONTAMOS CON CHARO PITA!
 
O pasado luns 13 de marzo contamos coa visita da escritora galega Charo Pita.
 
Tanto as novas familias que acudiron á Xornada de Portas Abertas como as familias do noso centro tiveron a oportunidade de escoitar moitas historias e contos.
 
Unha tarde en familia realmente enriquecedora!
 
* Póndense visualizar máis fotografías na Galería.
 
 
 
 
 
 

DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O centro únese á invitación de participación dende a Asociación Española contra o cancro.

 

COMO CELEBRAMOS O ENTROIDO 2023

DE QUE PODO DISFRAZARME?

 

MANDADIÑOS DO MECO

ALMORZO SAN

Para conmemorar o Día da Saúde, que se celebrará o día 7 de abril, establecemos dende o Plan Proxecta + "Aliméntate ben" e o CPInnova de hábitos saudables, uns almorzos sans para todos os cursos de Infantil e Primaria durante o segundo trimestre do curso.

Poden verse máis imaxes na Galería.

 

 

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ

Os nenos e nenas elaboraron a súa mensaxe en cintas de cores que adornan o cole. Tamén fixeron plumas de cores para o noso mural "Desprega as túas ás e voa buscando a Paz".

 

                   

                                                    

Distribuir contido


by Dr. Radut