Skip to Content

Inmersión verán 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Prazo aberto ata o 9 de febreiro.

http://www.edu.xunta.es/axudasle

E despois dos Reis...volta ao cole!

O xoves, 8 de xaneiro de 2009, reanudamos a actividade no CEIP Gregorio Sanz, en horario de mañá (10:00 a 13 horas) e de tarde ( 15:00 a 17:00 horas). Titoría de nais/pais os luns de 17:00 a 18:00 horas.

Desexamos a toda a comunidade un FELIZ 2009

Chegou o Nadal!

O  venres, 19 de decembro, a partir das 10:30 horas, tuvo lugar no Auditorio Municipal o Festival do Nadal.. Para coñecer o programa de actuacións prema no seguinte ENLACE.

 BO NADAL!

 

Un futuro por compartir en igualdade!

Obradoiros na aula como alternativa coeducativa para compensar as desigualdades socializadoras respecto do rol sexual. DESCARGA

 

 

Contos para falar!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto con oito editoriais galegas colaboran na organización dun variado programa de actividades lúdicas para o fomento da lectura e do idioma galego.

 

No noso Centro desenvolvéronse diferentes actividades para todo o alumnado e adaptadas a cada grupo de idade, os días 2 e 5 de decembro,  

na biblioteca escolar.

O alumnado recibiu  de agasallo un libro e unha camiseta. 

Para rendir máis...almorzar mellor!

O almorzo é a primeira comida do día, un mais importante, pero tamén, ás veces, una descuidada máis. Para Fomentar una inxesta dun almorzo equilibrado

Almorzo san

de una base de Cereales, lácteos froitas e, celebramos no dia O Colexio do almorzo o para San 1 º Ciclo de Primaria.

Proveito Bo!

Eleccións ao Consello Escolar

Terán lugar no mes de novembro. Recomendamos a toda a comunidade educativa unha activa participación no proceso.

Xa chegou o Outono!

Celebramos a Festa do Magosto o xoves, 30 de outubro, con distintas actividades: 

 Mural colectivo

Lembrando a orixe do Magosto e a  importancia que tivo na sociedade doutros tempos o castiñeiro e a castaña.

Degustación de castañas asadas amenizada con gaiteiros.

Fixéronse  exposicións de froitos  do outono nos corredores do Centro.

Elaboramos distintos murais e carteis relativos ao Magosto.

Con esta festa démoslle a benvida ao outono.

Mural

Potenciación do uso da Lingua Galega

Para o fomento e potenciación do uso da Lingua Galega o Centro programa unha serie de  actividades que se poden descargar pulsando neste ENLACE

¡ Unha macedonia a media mañá!

Para fomentar hábitos de consumo saudables e unha alimentación equilibrada,  os nenos e nenas do colexio poideron degustar unha macedonia de froitas naturais elaborada no comedor escolar.  

Distribuir contido


by Dr. Radut