Skip to Content

INSTRUCIÓNS NOVA MATRÍCULA

O alumnado que se matricule por primeira vez no centro deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de XUÑO na secretaría do centro, en horario de 9:30 a 14:30.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  1. Impreso da matrícula debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  2. Certificado de convivencia municipal onde figuren todos os membros da unidade familiar.
  3. Fotocopia do Libro de Familia (follas nai/pai e alumno/a)
  4. Fotocopia da Tarxeta sanitaria.
  5. 2 fotografías tamaño carnet.
  6. Informe médico onde conste que, dende o punto de vista sanitario o/a Alumno/a atópase en condicións de matricularse nun centro ordinario.
  7. Fotocopia da Cartilla de vacinas.
  8. En caso de separación ou divorcio presentar copia da sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

OUTROS DOCUMENTOS:

 

En caso de uso de TRANSPORTE ESCOLAR dependente da Xunta:

 

En caso de uso de COMEDOR ESCOLAR:

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Para celebrar o día do medio ambiente, 5 xuño, publicamos o noso segundo programa especial sobre as fontes de Ribadeo e as súas parroquias que elaborou o alumnado de educación primaria.
Coidar do medio ambiente é un traballo en equipo que debemos levar a cabo todo o ano.
Coidemos do noso medio os 365 días do ano!!

ENLACE AO PROGRAMA

https://drive.google.com/file/d/1Cv9CD0fZpk4aqG8pRJpI_Ogq2Pdm_IPM/view?usp=drivesdk

FONDO SOLIDARIO LIBROS E AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

Xa está aberto o prazo para a solicitude na participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

prazo de presentación de solicitudes é ata o 21 de xuño de 2024 (este incluido)

Podedes ver a orde que regula este procedemento picando AQUÍ.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou na aplicación fondolibros

Anexo I e II

Beneficiarios:

- No Fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º e 4º de Ed. Primaria( (xa que no noso centro 5º e 6º teñen E-Dixgal)

- As axudas para a adquisición de libros de texto están destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de Ed. Primaria e en Ed. Especial.

- As axudas para a adquisición de material escolar son para o alumnado matriculado en Ed. Primaria.

Documentación:

- Solicitude (Anexo I)

- Anexo II ( (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

- Dependendo de cada situación persoal poderase aportar máis documentación.

Para máis información:

Sede electrónica da Xunta de Galicia

Aplicación Fondolibros

 
 
 
 

LETRAS GALEGAS 2024

AS LETRAS GALEGAS NA NOSA ESCOLA RECORDANDO A LUÍSA VILLALTA

 

 

VER IMAXES 

PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2024-25 (PARA ALUMNADO DE NOVA MATRÍCULA)

LEMBRAMOS!!!

 

O alumnado que se matricule por primeira vez no centro para o vindeiro curso 2024-2025, deberá formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de XUÑO.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2024-2025

Premendo no enlace, pódese descargar a Orde do 12 de abril de 2024, pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024-2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

ENLACE

Distribuir contido


by Dr. Radut