A consellería de Educación e O.U. desenvolvendo desde o curso 2005-2006 en colaboración co Ministerio de Educación e Ciencia o Plan PROA ( Programa de Reforzo, Orientación e Apoio).
O programa pretende:
- Potenciar a aprendizaxe e o rendemento escolar do alumnado mellorando as expectativas sobre as súas propias capacidades: axudarlle na formación do seu autoconcepto e na súa integración social.
- Facilitar a continuidade na progresión da acción educativa.
- Incrementar a relación e a comunicación coas familias, favorecendo así a súa implicación no desenvolvemento dos seus fillos e das súas fillas.
Está dirixido ao alumnado do terceiro Ciclo de Educación Primaria e ao alumnado do primerio Ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria.