Skip to Content

DÍA DA ÁRBORE E DÍA DA AUGA

Para conmemorar o Día da Árbore, o 21 de marzo, o alumnado fixo diferentes plantacións.

En primeiro lugar, plantaron un arce xaponés fóra do centro.

Despois plantaron no recinto e nos patios interiores do colexio xeranios, margaridas, calas e rosais moi coloridos para darlle a benvida á primavera.

Para rematar, puxeron en marcha a horta con repolos, porros, cenorias, amorodos e framboesas...

Pasamos unha xornada diferente e moi divertida!

* Pódense visualizar máis fotografías na Galería.

 

O día 22 de marzo, conmemoramos o Día da Auga co estudo das distintas  fontes de Ribadeo.



page | by Dr. Radut