R/ Francisco Rodríguez, 6, 15679, O Temple- Cambre (A Coruña)

Tfno.: 881880330. COVID: 641770209. E-mail: ceip.graxal@edu.xunta.gal

COVID-19

Pais/Nais

Profesorado

Bibliotecas escolares de Galicia
Radio na Biblio

Imaxes Designed by Freepik

Iconos diseñados por Freepik from www.flaticon.es

SOLICITUDE COMEDOR CURSO 2021-2022 (ALUMNADO XA MATRICULADO)

 A Disposición adicional segunda da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013) pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes establece que o alumnado con garantía de permanencia no centro docente que non teña que formalizar matrícula, deberá manifestar á dirección do centro expresamente mediante escrito ao longo do mes de maio de cada ano, que solicita utilizar o servizo complementario de comedor.

Esta solicitude non presupón a concesión de praza de comedor, estando suxeita á normativa disposta.

O funcionamento do comedor estará, en todo caso, supeditado ao que as autoridades sanitarias e educativas dispoñan en relación coa situación pandemia COVID-19.

INSTRUCIÓNS PARA A ENTREGA DA SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN NOS PRAZOS ESTABLECIDOS POLO CENTRO

 

A documentación a presentar figura no impreso de solicitude, que pode recollerse na Secretaría do centro ou descargarse aquí:

 A documentación deberá entregarase coa solicitude no prazo establecido. Se falta algún documento, este podería achegarse antes do 30 de xuño.

 

 

 

ADMISIÓN CURSO 2021-2022: LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Todas as solicitudes de praza para o curso 2021-2022 foron admitidas. Por protección de datos, só se pode consultar a listaxe provisional de forma presencial no taboleiro interno do colexio, de luns a venres.

O prazo de reclamacións, debidamente xustificadas, será do 26 ao 30 de abril, na Secretaría do centro. 

A listaxe definitiva será publicada o 14 de maio.

Lémbrase a obrigatoriedade de formalizar a matrícula* do 21 ao 30 de xuño.

*En breve publicaremos a documentación a presentar para formalizar a matrícula.

BO NADAL

Bo Nadal 2020-2021 de Teacher Mariluz

PANXOLIÑA

PANXOLIÑA BAILADA POR TODO O ALUMNADO DO CENTRO 

CALENDARIO 2021

Preme na imaxe para ver/descargar o calendario elaborado polo alumnado do centro.

Calendario 2021

25 novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Preme na imaxe para visualizar o vídeo que preparou

o alumnado de 6º de E. Primaria

app AbalarMóbil, Aula Virtual, videoconferencias

Nesta páxina web, no menú lateral dereito TICs, están publicados titoriais e información de axuda e interese sobre o funcionamento de abalarMóbil, aula virtual e servizo de videoconferencias. Iremos ampliando con máis información sobre estes recursos.