Skip to Content

Información sobre o proxecto E-Dixgal

Estimadas familias:

O noso centro leva participando dende a primeira convocatoria neste proxecto de libros dixitais, co fin de integrar as TIC na práctica educativa e desenvolver as novas competencias que require o alumnado.

Así, nun proceso de mellora permanente, cada ano impleméntanse cambios na xestión dos contidos e nas funcionalidades dos portátiles; apostando por un modelo “híbrido” de ensino-aprendizaxe que mestura o dixital cos soportes físicos e tradicionais.

Achegamos agora unha primeira información, orientada para as familias que se incorporan a este proxecto, tendo en conta que o martes día 24 realizaremos unha reunión explicativa para presentar novidades, normas de funcionamento e retos que supón o traballo dende esta plataforma E-Dixgal.

 

Un cordial saúdo,

O equipo directivo

Listaxe de material escolar

Estimada familias:

Facilitamos a listaxe de material das diferentes titorías. O primeiro día de clase entregarase unha copia a cada alumno/a. Calquera dúbida sobre esta relación, agradeceríamos que a solucionarades directamente coa titora ou titor dos vosos fillos/as.

Sería desexable que para o día 16 xa contáramos con este material dentro das aulas.

Un saúdo cordial e moitas grazas pola vosa colaboración,

Benvidos ao curso 2024-25

O próximo mércores día 11 comezaremos as clase, co servizo de madrugadores e de comedor no seu horario habitual.

Nos próximos días facilitaremos máis información sobre a entrada deste primeiro día, xa que non será posible reunirnos no patio debido as obras de reforma.

Recibide un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

CURSO 24-25: Fondo libros

Estimadas familias:

Debido a situación actual das obras no centro non será posible entregar os libros e axudas de material ata o próximo mércores día 4.

Durante os primeiros días de setembro todos os avisos e comunicacións realizaranse a través da páxina web do centro.

Aproveitamos para recordarlles que o comezo das actividades lectivas será o día 11.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut