Skip to Content

Convocatoria para as próximas reunións de presentación

Estimas familias:

Seguimos avanzando coas xuntanzas de presentación de este curso.

Esperamos contar coa vosa presenza o martes 3 de outubro nos cursos de 3º, 4º e 5º de primaria.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Presentamos o curso 2023-24

Estimadas familias:

Unha vez comezado este novo curso quixéramos manter un breve encontro para presentarvos os aspectos máis destacados a nivel curricular e organizativo das clases. Esperamos contar coa vosa presenza.

Nos próximos días iremos anunciando as reunións do seguinte martes.

Recibide un cordial saúdo,

 

O equipo directivo.

 

Documento informativo

Estimadas familias:

Achegamos o documento explicativo do programa de inmersión lingüística que se realizará no centro de Os Peares do día 1 ao 7 de outubro.

É importante que o leades detidamente xa que concreta os horarios, menús e descrición das actividades que realizarán.

Recordamos que mañá ás 17:00 as familias de 6º de EP estades convocadas a unha reunión informativa, onde poderemos comentar este documento e na que deberíamos concretar o interese en participar ou non nesta iniciativa. Dispoñemos de 25 prazas asignadas ao noso centro.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Guía para a aplicación Abalar móbil

Estimadas familias:

Achegamos un documento explicativo coas principais funcións desta aplicación que poderedes usar para consultar información académica dos vosos fillos e fillas así como acceder aos servizos de notificacións e comunicacións.

Esperamos que este enlace sexa de axuda para as novas familias que se incorporan ao noso centro educativo.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut