Skip to Content

Distribución de máscaras entre o alumnado

Estimadas familias:

Na Orde do 28 de outubro de 2021 regúlanse os criterios e o procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en centros públicos.

As máscaras distribuiranse entre o alumnado pertencente a familias cunha renda per cápita igual ou inferior ao limiar de 6.000€, que foi o limiar de referencia para ter dereito á axuda para adquirir material escolar neste curso escolar.

Polo tanto, recibirán as máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna o requisito.

O prazo de solicitude para alumnado non beneficiario da axuda de material é ata o día 26 de novembro.

Eleccións ao Consello Escolar

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 20 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Ordenación de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores educativos do Colexio.

Na elección deste ano terán que nomearse tres novos representantes e na reunión da Xunta Electoral celebrada o 2 de novembro, decidiuse que o prazo de presentación de candidaturas será: do 9 ao 16 de novembro.

Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán solicitar un impreso no centro. Ademais tamén está exposto o censo electoral, para que poidan comprobar se os datos están completos (DNI).

Animámolos a que presenten as súas candidaturas para poder participar así na vida escolar do centro e contribuír a un mellor funcionamento do mesmo.

O equipo directivo

 

3º Outono fotográfico

Estimadas familias:

Pouco a pouco, o noso "Outono fotográfico" vai medrando co paso da estación.

Con esta iniciativa queremos animarvos a que nos contedes e nos ensinedes como aproveitades esta época do ano para reivindicar a importancia do tempo de lecer en contacto coa natureza.

Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

Reunións de comezo do curso

Martes 21 de setembro

 

6ºb

16:00

6ºa

16:30

5ºB

17:00 (grupo 1) e ás 17:30 (grupo 2)

5ºA

17:00 (grupo 1) e ás 17:30 (grupo 2)

4ºB

18:00

4ºa

18:00

 

Martes 28 de setembro

 

16:00 (grupo 1) e ás 16:30 (grupo 2)

2ºA

17:00

2ºB

17:00

17:30

Infantil 4 anos

16:30 (grupo 1) e ás 17:00 (grupo 2)

Infantil 5 anos

16:30 (grupo 1) e ás 17:00 (grupo2)

 

Estimadas familias:

Dende o CEIP Plurilingüe Froebel desexamos que este mes de setembro sexa a inauguración da “nova normalidade”, da que tanto tempo estivemos falando.

Retomaremos actividades e proxectos aprazados, aínda que seguiremos acompañados polas máscaras e todas as medidas preventivas.

Neste contexto, debemos comezar as reunións entre as familias e os titores e titoras de cada grupo. Un primeiro encontro para presentar aspectos de organización e funcionamento do curso, o currículo a traballar e a metodoloxía, así como sentar as bases para unha axeitada comunicación e participación durante todo o ano.

Van ser moitas as xornadas nas que estaremos desenvolvendo competencias e valores cos vosos fillos e fillas e un primeiro paso é compartir este proxecto educativo común.

Nos próximos días o profesorado titor enviará a convocatoria da súa reunión a través de Abalar móbil. Pedimos máxima responsabilidade á hora de acudir; con puntualidade nos accesos ao centro, correcto uso da máscara e un só proxenitor por familia. O alumnado non deberá acudir.

 

Confiando na vosa colaboración e participación, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo en nome de todo o equipo docente.

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut