Skip to Content

Poemas pola Paz

Estimadas familias:

Unha das nosas celebracións do curso é o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO dende 1993.

Coma presentación do mural realizado nestes días, alumnado de todos os cursos fixeron un recitado de poemas para concienciar da necesidade dunha educación para a tolerancia, a solidariedade e baseada nos respecto aos Dereitos Humanos.

Achegamos un breve vídeo desta xornada ("Click" na imaxe). Esperamos que vos guste.

 

(Aviso: Houbo un problema técnico coa participación de 5ºA, polo que o luns haberá que repetila e darlle mellor ao botón de gravar).

 

Recibide un cordial saúdo,

O equipo docente do CEIP P. Froebel

 

Programa Escolar de consumo de froitas e leite

Na actualidade existe unha tendencia descendente no consumo de froitas e leite. Tendo en conta que a infancia é unha época clave para a instauración de hábitos saudables e que a escola pode desempeñar unha gran labor na súa promoción, queremos comunicarvos que damos comezo ao programa de distribución de leite e de froita, dentro das axudas escolares do Fondo Galego de Garantía Agraria.

Estase a repartir 1 brik de leite “Galega 100%” por alumno/a e a mediados de febreiro realizarase o reparto de froita preferentemente de tempada e de excelente calidade; ata completar 20 días lectivos de leite e 10 de froita. No terceiro trimestre repetiremos a campaña.

Esta iniciativa ten a subvención da Unión Europea.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo.

Novos protocolos de xestión epidemiolóxica

Estimadas familias:

Na situación actual, de alta transmisión da Covid pero cuns índices de contaxio dentro dos centros educativos moi inferiores ao resto de ámbitos de exposición, a Dirección Xeral de Saúde Pública confirmounos as novas pautas de actuación co fin de priorizar a presencialidade do ensino.

1. Os casos confirmados non deben acudir ao centro e deberán permanecer en illamento ata transcorridos 3 días do fin do cadro clínico e cun mínimo de 7 días dende o inicio dos síntomas ou dende o diagnóstico do caso asintomático. Tampouco deberán acudir á escola alumnado con síntomas compatibles coa COVID.

2. Unha vez rematado o illamento, nos tres días posteriores, extremaranse as precaucións, reducindo as interaccións sociais e evitando o contacto con persoas vulnerables.

3. Para a incorporación do alumnado ao grupo non é preciso aportar unha proba diagnóstica negativa nin un informe de alta.

4. Ante a aparición dun primeiro caso na aula e ata un total de 4 (ou o 20% do grupo) nun período de 7 días, non se realizará corentena do grupo (a excepción de alumnado con inmunosupresión)

5. En ningún dos escenarios actuais se recomenda realizar cribados masivos no centro escolar, a non ser que de forma excepcional o indiquen as autoridades de saúde pública.

6. Aínda que a organización e protocolo do centro segue a ser a mesma, facemos un chamamento á necesidade de reforzar todas as medidas preventivas.

Esperando que esta información facilite unhas pautas sinxelas e homoxéneas de actuación, aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo COVID do CEIP P. Froebel

Visita dos Reis Magos

(Click na imaxe para acceder á galería)

Estimadas familias:

Aquí deixamos un enlace coas fotos da visita dos Reis Magos. A celebración coa que rematamos este primeiro trimestre e que dá comezo a unhas vacacións moi especiais.

Desexamos que teñades unhas magníficas festas, nas que a pandemia non estea moi presente e que 2022 traia os voso mellores desexos. Vémonos o día 10 de xaneiro!

Un afectuoso saúdo dende o equipo docente do CEIP P. Froebel,

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut