Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

 

Estimadas familias:

Este ano o Día de Rosalía de Castro incorpórase como unha das celebracións institucionais do curso académico.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega así como dende o Equipo de Biblioteca escolar levan desenvolvendo diferentes iniciativas para poñer en valor a figura dunha das voces fundamentais do Rexurdimento e da nosa literatura: marcapáxinas , carteis conmemorativos, debuxos e lectura dos seus poemas.

Deixamos enlace con toda a información:

http://orecunchodeevaristo.blogspot.com/

Recibide un cordial saúdo,

Mandadiño Entroido 2022

Luns

Martes

 Mércores

Xoves

Actividade para as familias: “USO RESPONSABLE DE REDES E TECNOLOXÍA”

Estimadas familias:

Mañá xoves ás 18:00 tedes a oportunidade de participar nunha formación con Óscar Páramos centrada no “Uso responsable das redes e da tecnoloxía”.

 (Click na foto, abrir arquivo pdf e premer no enlace)

Óscar Páramos é Psicólogo, Máster en Psicoloxía infantil e formador para a mediación coa xuventude no ámbito familiar e escolar. A súa conferencia desenvolverase online, mediante o servizo de videochamada Cisco Webex e poderedes conectarvos dos seguintes modos:


- Accedendo directamente á sala Webex:

Enlace á reunión: https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=m8c39759436415b4c3a22236c6b99ad7f
Data: Xoves, 17 feb., 2022 18:00h

Número de reunión: 2734 870 9450
Contrasinal: Z8vHm9MJej8

(Para seguir a actividade dende un ordenador, poden empregar o navegador web, sen necesidade de ter a aplicación de Webex descargada).

 

- A través dun móbil ou calquera outro dispositivo portátil, deberán ter descargada a aplicación de Cisco Webex Meetings (dispoñible na App Store e en Google Play).

 

Achégase video-titorial explicativo sobre os pasos a seguir para unirse ás videoconferencias de Webex: https://youtu.be/BUp6_7ZfcDk


Esperamos que sexa do voso interese esta formación e aproveitamos para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo directivo

Visita a nosa escola

 

Estimadas familias:

O día 1 de marzo comeza o proceso de admisión para o novo alumnado, polo que a partires do martes 8 de febreiro poderedes coñecer de primeira man as características da nosa oferta educativa e ver coma é o noso centro.

Dada a situación sanitaria, vémonos na obriga de realizar varias quendas e solicitar unha inscrición previa a través do correo do centro: ceip.froebel@edu.xunta.gal, indicando “Solicitude para xornada de portas abertas”, nome e apelidos así coma a quenda escollida.

As xornadas comezarán ás 17:00

Día 8 Febreiro

Día 15 Febreiro

Día 22 Febreiro

           

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut