Skip to Content

Listaxe de libros para o curso 2023/24

De acordo coa Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria “a relación de libros de texto e material didáctico curricular será publicada no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de xuño”.

Programa Navega con Rumbo

Estimadas familias:

No día de hoxe o alumnado de sexto puido participar nunha formación dentro do Programa que está a realizar a Consellería xunto co Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia para abordar os usos positivos da rede e adquirir ferramentas para previr posibles riscos.

Deixamos a presentación empregada que esperamos sexa de utilidade.

Recibide un cordial saúdo,

Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Claves para educar na era dixital.

Estimadas familias:

O próximo martes día 30 temos a oportunidade de manter un encontro co Doutor en Psicoloxía, Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela e Director Técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor, Antonio Rial Boubeta.

Dende as seis da tarde e durante un par de horas Antonio conversará acerca do gran impacto que están a ter as tecnoloxías da relación, información e comunicación nas vidas cotiás dos nosos fillos e fillas.

Lonxe de aportar máis ruído neste tema o que buscamos é facilitar un acompañamento nesta tarefa obrigada de tomar partido e orientar cara unha cultura do esforzo, sustentada nuns valores desexables como sociedade.

Co fin de ter unha previsión da asistencia agradeceríamos a confirmación a través do seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScmya2D-7p50Y7-P9Zj9XOexeNYVQFOmP0Fniq4xuzO_7QCrg/viewform?usp=sf_link

 Moitas grazas pola vosa colaboración e recibide un cordial saúdo,

Orde do 10 de maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros

Estimadas familias:

Dende o día de hoxe ata o próximo 21 de xuño poderán presentar solicitudes para participar no fondo solidario de libros de texto e para acceder as axudas de libros de texto e material escolar.

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/39924

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta (ED330B-anexos I e II). Opcionalmente, poderá presentarse as solicitudes presencialmente no centro.

Un cordial saúdo,

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut