Skip to Content

Ciencia no cole

Esta fin de semana o noso alumnado de sexto estivo moi presente nesta Feira da Miniciencia.

O venres foi o día da Ciencia no cole, onde fixeron a presentación do seu traballo de investigación cun estudo comparativo sobre a influencia da temperatura nos seus invernadoiros.

Este proxecto foi unha oportunidade para traballar de xeito interdisciplinar diferentes disciplinas, dende a propia bioloxía ata as competencias dixitais para programar a placa microbit que medira a humidade do terreo.

Ademais de despertar o interese pola investigación científica esta xornada permitiu poñer en práctica as habilidades comunicativas do noso alumnado e a capacidade para sintetizar o traballo realizado durante estas semanas de traballo diante do xurado.

Tamén houbo obradoiros nas propias instalacións da Escola de Enxeñería Forestal e, o sábado, a presentación ao público en xeral así como a recollida dos diplomas.

Unha magnífica experiencia que foi posible grazas ao compromiso do alumnado, o traballo das profesoras e a gran colaboración das familias.

Achegamos algunhas fotos destas xornadas no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=288

Recibide un cordial saúdo,

 

 

Proceso de admisión curso 2024-2025: Publicación das listaxes provisionais

Mañá día 25 de abril, serán publicadas as listaxes provisionais de admitidos e non admitidos. Poderanse consultar no taboleiro que está dentro do centro.

De acordo coa Orde do 21 de outubro dde 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado; contra esta relación de alumnado poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar.

A publicación da resolución definitiva de admitidos e non admitidos se realizará o día 15 de maio.

Xa está con nós o alumnado de Italia

 

Estimadas familias:

Estes días o noso centro está a recibir ao alumnado da Scuola Cavour de Catania que aterraron o martes para compartir con nós uns días de moitas actividades e de convivencia.

O primeiro foi coñecer a nosa escolar e a nosa cidade para quitar nervios e consolidar estas novas amistades. E no día de hoxe xa tivemos unha visita cultural e didáctica a Santiago de Compostela, para afondar no aspecto cultural deste intercambio.

Son días de gran intensidade, porque o programa acordado tenta ser o máis amplo posible e porque os diferentes obradoiros queren poñer en valor os nosos proxectos educativo. Pero sobre todo estas xornadas están a ser a mostra máis visible de que funcionamos como unha comunidade educativa: estamos a ter a colaboración das familias, de todo o equipo docente, do diferente persoal de servizos, do profesorado de italiano que reside na nosa cidade, das distintas institucións locais e autonómicas... Son moitas as persoas que están a colaborar nesta internacionalización do noso centro e queremos, dende aquí, agradecerlles o seu esforzo.

Agora achegamos algunhas das fotos que xa temos destes primeiros días do intercambio.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfroebel/galeria/thumbnails.php?album=282

Recibide un cordial saúdo e nome de todo o equipo docente,

 

 

XXII Intercambio coa Scoula Cavour de Catania

Estimadas familias:

Xa quedan poucos días para a visita do alumnado italiano ao noso centro e temos moita ilusión en desenvolver este proxecto de intercambio coa Scoula Cavour de Catania do mellor modo posible.

Así, estas xornadas de encontro serán unha oportunidade para desenvolver competencias clave en situacións reais de aprendizaxe, non só nas lingüísticas do alumnado senón tamén en moitas competencias transversais en relación a nosa cultura, e ás habilidades persoais e sociais. Con esta referencia vos presentamos agora os programas de traballo tanto en Pontevedra coma en Catania; onde realizaremos actividades, visitas e obradoiros que esperamos sexan unha gran experiencia tanto para o noso alumnado como para o equipo de docentes e estudantes que veñen a coñecer o noso centro educativo.

Finalmente, non podemos esquecer o traballo realizado polas familias do noso centro que son as responsables de que este intercambio se leve a cabo un ano máis. Dende o equipo docente queremos agradecervos a vosa implicación e a colaboración mostrada en todo momento. Moitas grazas!

 

 

 

 

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut