AS ALUMNAS E OS ALUMNOS DO NOSO CEIP ENTREVISTARON ÁS LIBRARÍAS DE BAIONA. PARA PODER VER AS ENTREVISTAS PREME NAS IMAXES.
13 de novembro: Día das Librarías
FONTUGA informa:
As nenas e os nenos de 3º- 4º- 5º e 6º de primaria están a facer de reporteiras e reporteiros!
MISIÓN: coñecer as librarías de Baiona!
Ao remate da actividade daremos a coñecer as entrevistas realizadas!
Hoxe conmemoramos o día das BIBLIOTECAS -24 de Outubro- da man de...
ESTEBAN ACUÑA: TARABELOS!!!
CONTAMOS LENDAS GALEGAS de..
1. Piratas:
Benito Soto: Pirata de Pontevedra
Gago de Mendoza: Pirata de Marín
Capitán Drake: Asalto a Galicia
2. Sereas e xacias.
3. Celtas. Chegada a Irlanda
4. Lenda da Coca de Redondela
5. Lenda dos Gamusinos.
Foi un día... MÁXICO!
Dinamismo,atención, motivación, música, arte e...
Moitas risas!
Ao remate nenas e nenos acudiron á Biblioteca do CEIP para recibir as MOCHILAS VIAXEIRAS e ver o vídeo do Protocolo de acceso á Biblioteca Escolar.
Agardamos que disfrutedes moito coas lecturas!!!
PARA VER O VÍDEO do protocolo de acceso á Biblioteca
PREME NA SEGUINTE IMAXE:
BOA VIAXE!
PARA CONMEMORAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS- 24 DE OUTUBRO-
OS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA
ELABORARON MARCAPÁXINAS DE MAFADA!
DESPEDINDO A QUINO, O XENIO DO HUMOR QUE NOS ENSINOU A REIVINDICAR O SENTIDO CRÍTICO E A TENRURA. ATA SEMPRE.
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
O lema deste curso escolar é
'Bibliotecas, sempre ao teu carón'
Céntrase en destacar o importante papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao entretemento en calquera lugar e circunstancia. Trátase de poñer en valor a capacidade de seguir ofertando servizos en circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
Para conmemorar o día tiñamos previsto a actividade DEBULENDO LENDAS CON KAMISHIBAI, da man de TARABELOS.
O espectáculo tivo que ser posposto ata novembro. O equipo de Biblioteca fará entrega das MOCHILAS VIAXEIRAS e presentará o
Protocolo de acceso á BIBLIOTECA. Así como a elaboración dun marcapáxinas moi especial.
Na seguinte imaxe dámosvos unha pista...
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2020-2021: XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR. Da man de BEA LEMA quen nos ofrece unha imaxe evocadora deses mundos imaxinarios que a lectura pode axudar a visitar e construír.
Cada LIBRO que lemos é unha ocasión para ampliar a imaxinación e aumentar coñecementos.
En tempos confusos como os que estamos a vivir cómpre volver ás orixes,ao fundamental: a lectura e toda a súa potencialidade.
XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura:en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade; lecturas textuais e icónicas; imaxes fixas e en movemento; lectura de gráficos, planos, mapas ou infografías; lecturas individuais e lecturas compartidas, en silencio ou en voz alta; lectura de ficción e de información; lectura libre e guiada; lectura que nos axude a comprender mellor o noso mundo e lectura que nos axude a entender o mundo dos outros...
MOI BO DÍA A TODAS E A TODOS!!!
Estimadas familias:
D. Carlos Gómez Prado, alcalde de Baiona, convida a tódalas familias e alumnado ao ACTO de presentación do libro: "UN PASEO POR BAIONA", que se celebrará o vindeiro martes 28 de xuño ás 18:00H nos xardíns da casa de Navegación. O alcalde acudiu persoalmente ao CEIP para facer entrega de un exemplar do libro para cada alumna e alumno de Primaria.
Moitísimas grazas por este fermoso agasallo!
Para conmemorar o DÍA DO LIBRO as nenas e nenos do noso cole -coa axuda das súas familias- crearon TÍTERES caseiros con materiais de reciclaxe!!!
Actualmente atópanse agardando pola nova biblioteca (que está en obras) na que serán os protagonistas de moitos CONTOS...
Para conmemorar as Letras Galegas 2021 o grupo de integración de Baíña ARDELUME deunos un fermoso concerto: LETRAS GALEGAS 2021 XELA VAN PARA TI!
Moitísimas GRAZAS!!!