Skip to Content

Educación primaria

PIRAGÜISMO POLO MIÑO.

O alumnado de 6° E.P. participou en Lugo nas xornadas de aproximación ao piragüismo a bordo dunha embarcación dragón polo río Miño a cargo do Programa Xogade. 

Este programa ten como finalidade achegar o deporte e fomentar os hábitos de vida saudables  a centos de estudantes de toda a provincia.

Aquí deixamos unhas fotiños! 

25N. POÑÁMONOS NO SEU LUGAR!

Con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN  DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER  reivindicamos  os dereitos das mulleres e das nenas afganas para que podan vivir e crecer en liberdade.

CHARLA (PLAN DIRECTOR)

Dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e os seus contornos, as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron o pasado luns, unha charla informativa-formativa sobre temáticas como violencia de xénero, o papel da muller no mundo laboral e acoso escolar, impartida por unha persoa experta das Forzas de Seguridade do Estado.


OS NOSOS VOLCÁNS.

Os nenos e nenas de 4º de Primaria, estivemos traballando sobre os volcáns. Podedes ver o vídeo premendo sobre a imaxe.

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Para conmemorar o 8M (Día Internacional da Muller), o alumnado do noso centro realizou diversas actividades:

- O alumnado de 4º de Primaria elaborou un audiolibro co conto "Artur e Clementina". Podedes velo no seguinte vídeo.

 

- O alumnado de 1º de Primaria decorou unha xardiñeira cunhas flores especiais, nas que se poden ler mensaxes que resaltan o valor das mulleres na sociedade. Podedes ver as fotos premendo na imaxe.

DÍA DE ROSALÍA.

O pasado 24 de febreiro celebramos o “Día de Rosalía de Castro”, data na que se conmemora o seu nacemento. O alumnado do noso centro realizou varias actividades na aula para celebrar este día.

- Os alumnos e alumnas de 3º e 4º elaboraron un mural de Rosalía ao estilo Andy Warhol e compuxeron uns vídeos. Podedes ver o seu traballo a continuación:

 

- Os alumnos de 2º de Primaria realizaron unha unidade didáctica sobre a vida de Rosalía e o poema "Follas Novas". Podedes ver as imaxes premendo na foto:

O CLUB DOS RAROS.

Dentro do taller de Animación á Lectura, o alumnado de 3º de Primaria tamén realizou unha actividade relacionada co libro “El club de los raros”  de Jordi Sierra i Fabra, onde realizaron as descricións dalgúns personaxes do club.   

 

FELIZ FEROZ

O alumnado de 2º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou unha actividade relacionada co libro “Feliz Feroz” de Miguel Ángel López “El Hematocrítico”. Realizaron uns debuxos preciosos! Podedes vela na seguinte publicación.

POLO OLLO DA PECHADURA, GUSTARÍAME VER...

O alumnado de 5º de Primaria, dentro do taller de Animación á Lectura, realizou a actividade POLO OLLO DA PECHADURA GUSTARÍAME VER…, relacionada co libro “Vic e Bombona” de Sara Barreiro. Podedes vela na seguinte publicación.


25N. DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

O pasado 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.  A continuación deixámosvos uns vídeos realizados polos nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria para reivindicar dita loita.

Música. El Diluvi. E ti, só ti (Con Sés)

 

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut