Skip to Content

audiovisual

25 N. DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Dende os Equipos de Biblioteca e EDLG e con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER reivindicamos os dereitos das mulleres e das nenas no DEPORTE.

 Actividades realizadas:

  • Contacontos nas aulas de Educación Infantil e Primaria:

             - Nin un biquiño á forza. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria).
             - O teu corpo é teu. (3º e 4º de Primaria)
             - Iriña bailarina. (Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria)

  • Charla de Andrea de Luis Iglesia. Árbitra de fútbol-sala.
  • Charla sobre a historia do deporte feminino e das desigualdades actuais no mesmo. (4º, 5º e 6º de Primaria)
  • Visionado e posta en común da película “Quiero ser como Beckam”. (4º, 5º e 6º Primaria).
  • Obradorio de estereotipo e respecto á intimidade. Asociación Cromosomos X.
  • Coñecer a diferentes mulleres galegas deportistas (lecturas, investigación, murais…) AXENDA 2022, elaborada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade.

            O DEPORTE NON TEN XÉNERO!

 

EDLG: Chea de vida

Mil nenas e nenos cantan a coro en Navantia a canción "Chea de vida" con Guadi Galego e Guille Fernández, dirixidos por Ramón Bermejo.

Trátase dunha actividade dentro do marco da celebración do día das letras galegas do 2017.

Este proxecto contou coa axuda da Secretaría Xeral de Política lingüística e da empresa Navantia.

¡Grazas a todos e todas as que fixeron posible este proxecto!

EDLG: Videodenuncia marxinación galego no cinema

 
Praza Pública (praza.gal)
O vídeo salienta que só o 27% das producións audiovisuais galegas son gravadas en galego
Romero insire imaxes das películas distribuídas internacionalmente no catálogo Films from Galicia da AGADIC. E lembra que o 69% das producións son gravadas en castelán e só o 27% en galego
O vídeo salienta que só o 27% das producións audiovisuais galegas son gravadas en galego
Subscribirse a este contido


by Dr. Radut