Skip to Content

lingua

VISITA DA APALPADORA

Hoxe tivemos a grata visita da filla do apalpador, Antía Vázquez, acompañada do músico André Espiñeira, para deleitarnos cun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturaron cantigas, lendas e dinámicas. 

Esta actividade está organizada pola Vicepresidencia da Diputación de Lugo co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O SAMAÍN

Aqui vos deixamos unhas recomendacións para ler nestes días de medo...

 

 

EDLG: Dígocho Eu de castelanismos

 

Ola a todos e todas!

Como punto final deste curso dende Dinamización da Lingua Galega realizamos un #DígochoEu con algúns castelanismos que usamos diariamente. Se che apetece averiguar cales incluimos preme na imaxe para ver o ben que o fixeron o alumnado de todos os cursos de Educación Primaria.

 

Bo verán!!

 

 

EDLG: Revista DÍA A DÍA Nº 32.

 
 
 
 
Podes premer na imaxe para descargar a revista en PDF.

EDLG: Vídeo entrevista Sonia Villapol

Achegamos un pequeno extracto da entrevista que o alumnado de 6º de Primaria realizou a neurocientífica Sonia Villapol co gallo da celebración do Día da Muller. Publicaremos o resto dela na nosa revista escolar.

 MULLERES NA CIENCIA

 Preme na imaxe para visualizar o vídeo.

 

 

Dende o noso colexio agradecemos a Sonia a súa participación e amabilidade.

EDGL: ENTREVISTA SONIA VILLAPOL

Dende o equipo de Dinamización Lingüistica queremos comunicavos a boa nova de que Sonia Villapol nos concedeu unha entrevista o vindeiro 10 de marzo co gallo da celebración do Día da Muller.

 

Sonia é unha neurocientífica e profesora no departamento de Neurociruxía, centro de neurorexeneración do Instituto de Investigación Methodist en Houston e profesora de Neurociencias da Universidade de Weill Cornell (Nova Yorke). A súa labor céntrase entre outros no estudo dos danos neuroxenerativos tras un accidente e a relación da flora intestinal co cerebro. Na actualidade tamén traballa conxuntamente con outras científicas no estudo do COVID-19 e os efectos a longo plazo desta enfermidade



Podedes saber máis sobre a súa labor nesta entrevista realizada no El Progreso: https://www.youtube.com/watch?v=_o4hLABRLrI



E aquí tedes a súa conta de Twiter para mantervos informados: https://twitter.com/svillapol?lang=es



Estamos agardando que chegue o día 10 para falar con ela!!! Mentras tanto animádevos a escribir nos comentarios as preguntas que vos gustaría facerlle para seleccionar as máis interesantes.

EDLG: Chea de vida

Mil nenas e nenos cantan a coro en Navantia a canción "Chea de vida" con Guadi Galego e Guille Fernández, dirixidos por Ramón Bermejo.

Trátase dunha actividade dentro do marco da celebración do día das letras galegas do 2017.

Este proxecto contou coa axuda da Secretaría Xeral de Política lingüística e da empresa Navantia.

¡Grazas a todos e todas as que fixeron posible este proxecto!

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut