Con fotos que ilustran como traballamos na actividade pero tamén unha presentación sobre "as tesoiras de Matisse", que era unha técnica coa que representaba as súas obras este autor tan recoñecido:
Consulta aquí o PDF coa presentación feita por Álvaro
E despois das magníficas representacións dos contos a cargo de todo o alumnado buscámoslles unha reubicación ás portadas dos contos contados polo colexio adiante. Aínda non o demos recolocado todo pero todo se andará...
Durante case dous meses todo o colexio estivo involucrado como nunca o fixera na elaboración de todo o material que adornaría e nos acompañaría durante a celebración no pavillón do Antroido 2017. Aquí podedes ver o laborioso que foi o traballo e o ben que o pasamos todos.
Biblio.- ARTE: obradoiro (Lume e sensacións) con Eva Rivas
Semana da Arte na Mariña 2016 Colexio Fondo Nois
Do 18 ao 22 de Abril
Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, agua e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.
Xoves 21 Eva Rivas Temática: Lume e sensacións. Idade: 3-4-5 anos. Materiais necesarios: Témperas, pincel e papeis.