Skip to Content

Audiovisual

INFANTIL - Vídeo: "A que sabe a lúa" (conto)

BIBLIO - Colaboradores: "A cebra Camila" (vídeo do conto)

Actividades dos colaboradores da Biblioteca Escolar

CEIP Fondo-Nois. Curso 2013-2014

BIBLIO - Colaboradores: "Un cuíño independente" (Conto)

Agora que xa temos un blogue para publicar todos os traballos feitos polos colaboradores da Biblioteca Escolar, práceme mostrasvos o vídeo dun conto contado e feito no curso pasado...

Conto: "Un cuíño independente"

Actividades dos colaboradores da Biblioetca Escolar

CEIP Fondo-Nois

Curso 2012-2013

5 curtametraxes para educar en valores

 

5 cortometrajes para educar en valores

5 curtametraxes para educar en valores

  13.mar 2014

O cinema levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Recompilamos cinco curtametraxes pensados non só para traballar na clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo…

Cuerdas1. Cuerdas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que foi recoñecida recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.

 

El vendedor de humo2. O vendedor de fume: Esta curta animada suscita diferentes cuestións ao redor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias…

 

El hombre orquesta

3. O home orquestra: A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar ao resto de compañeiros.

 

El viaje de Said4. A viaxe de Said: Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nela suscítase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.

 

 

Pipas5. Pipas: Avalada por diferentes premios e coñecementos, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas mozas novas.

 

 

 

Orixe da información: educación 3.0 (13 de marzo de 2014)

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut