Skip to Content

Día Internacional da Muller nas TRIC

En conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, dende o equipo de dinamización das TRICs (Tecnoloxías de Relación, Comunicación e Información) queremos poñer o foco en dúas mulleres españolas que acadaron fitos destacados no mundo das Ciencias e a Tecnoloxía como son Sara García Alonso e Elena García Armada.

Elena García Armada é unha enxeñeira industrial española que lidera o grupo do CSIC que desenvolveu o primeiro exoesqueleto biónico do mundo para nenos con atrofia muscular espiñal.

Por outra banda, Sara García Alonso é unha bióloga molecular e candidata a astronauta española. En novembro de 2022, foi seleccionada pola Axencia Espacial Europea en calidade de reserva, converténdose na primeira muller española candidata a astronauta.



blog | by Dr. Radut