Skip to Content

ACTOS NO CENTRO POLO 125 ANIVERSARIO

O venres 15 de decembro despedimos os actos conmemorativos do 125 do CEIP Eusebio da Guarda cun acto que reuniu a membros da Comunidade Educativa que ao longo dos anos pasaron por este Centro: profesorado, membros da ANPA, alumnado, o representante do servicio de Inspección Educativa Belisario Sixto e mesmo o representante do Concello, o concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego.

Contamos entre outros, con presenza en directo de Oscar Cabana, ex-alumno e pintor recoñecido na cidade que nos adicou unha pintura en directo do edificio do colexio. Ademais contamos coa actuación do tamén exalumno e barítono Borja Quiza e as súas fillas Daniela e Valentina, alumnas actuais do centro. Non esquecemos ademais o saúdo visual do actor Denis Gómez tamén ex-alumno.

A todos eles moitas grazas pola participación e asistencia a este acto!

 

Tamén resaltamos o acto de entrega floral por parte de representantes do centro a Don Eusebio da Guarda González e Dona Modesta Goicouría Cabrerana Igrexa Castrense de San Andrés, onde se atopan enterrados.

 

Premendo AQUÍ é posible acceder a unha selección das grabacións e fotografías realizadas nos distintos actos.

 



blog | by Dr. Radut