Skip to Content

 

   

O COLEXIO DE ESTEIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 5º e 6º EP participou na actividade charla-debate organizada polo Concello no teatro Jofre o pasado venres. O criterio do alumnado que alí se expresou fai pensar que a nova xeración ten as ideas claras sobre este tema. Desexamos que as manteñan firmes ao longo da súa vida.

Eleccións Consello Escolar

O 27 de novembro de 2018 celebrarase o proceso electoral ao Consello Escolar nos tres sectores da Comunidade Educativa que o compoñen.

As familias deberán votar por dúas persoas de entre as catro que se presentan na candidatura aprobada pola Xunta Electoral. Se desexa ver a papeleta con dita candidatura, prema aquí

MAGOSTO E SAMAÍN

Un ano máis celebramos esta festa no colexio, comendo castañas e pasando un rato xuntos/as cunhas cancións preparadas polo alumnado de infantil e primaria.

TEI: SESIÓN DE COHESIÓN - ACROSPORT 2018

Hoxe tivemos unha nova sesión TEI onde os participantes fixeron letras empregando o corpo.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018

Corresponde este ano celebrar as ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR, segundo Resolución conxunta do 25 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 08/10/18). 

O calendario será o seguinte:

DATAS

ACTUACIÓNS

Luns 29 outubro

Publicación no taboleiro de anuncios do Centro e envío de circular anunciando o sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral.

Martes 30 outubro

Sorteo público, ás 09:15 horas, para a designación dos integrantes da Xunta Electoral

Martes 6 novembro

-Primeira reunión da Xunta Electoral 

-Acto de constitución.

-Aprobación do calendario de actuacións. 

-Publicación dos censos. 

-Escrito ao Concello solicitando a designación do seu representante. 

-Escrito á́ ANPA solicitando a designación do seu representante.

Xoves 8 novembro

-Comeza o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores e das posibles reclamacións ao censo. 

Mérc. 14 novembro

-Remata o prazo de presentación de candidaturas. 

Luns 19 novembro

-Segunda reunión da Xunta Electoral (Admisión, proclamación e publicación de candidaturas. Aprobación definitiva de censos electorais. Aprobación de modelo de papeletas, sobres...Sorteo público de designación dos membros das mesas electorais). 

Martes 21 novembro

-Comezo das campañas electorais. 

Martes 27 novembro

-Votación:

     -Pais / nais / titores: (9:00 a 9:30; 13:45 a 14:15; 16:00 a 16:15 de 17:45 a 18:00)

     -Profesorado: Claustro extraordinario (17:00 a 18:00)

     -PAS (11:30 a 12:00)

Mércores 28 novembro

-Terceira reunión da Xunta Electoral: 

-Proclamación de candidatos/as electos. 

Martes 4 decembro

-Constitución do Consello Escolar 

-Designación dos membros da Comisón Económica.

-Designación da persoa responsable de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres (Art. 126.2 da LOE).

-Constitución da Comisión de Convivencia Escolar. (Art. 6o do Decreto 8/2015, do 30 de xuño). 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2018

 

Este vindeiro xoves 25 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares co seguinte programa:

  1. Visionado dun corto.
  2. Presentación dun powerPoint coas novidades da nosa biblioteca, incluíndo a sección de medooooo!
  3. A lectura do conto en común que fixemos no colexio.

 

 

 

OS TITORES/AS COÑECEN AOS SEUS TITORIZADOS/AS

Xa temos en marcha unha nova edición do TEI no noso centro.

Aquí tedes algunha imaxe destes últimos días.

 
 
   
   
   

INICIO CURSO 2018/2019

COMEZAMOS!!!!!

    Damos a benvida aos nosos nenos e nenas para empezar un novo curso cheo de emocións, descubrimentos, experiencias e aprendizaxes.

 

 

   Esta semana elaboramos entre tódolos nenos e nenas un MURAL DE BENVIDA
con moitas ilusións:

 

 

                                                                             

           

Distribuir contido


by Dr. Radut