Skip to Content

 

   

TEI: ACTO DE PRESENTACIÓN

Xa temos aos titores e titoras deste novo curso escolar. 

BUSCAMOS A IGUALDADE

O día 22 de outubro temos unha serie de actividades promovidas pola ANPA en favor da IGUALDADE.

COMEZAMOS A NOSA ANDAINA NO "O TEU XACOBEO"

Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria participarán nun proxecto que pretende por en valor o Camiño Inglés do Camiño de Santiago. 

Para máis información premede nos enlaces. 

COMEDORES ESCOLARES 2019-2020

Os usuarios/as do comedor escolar deben cubrir a seguinte ficha de solicitude do servizo de comedores, para así poder utilizar este servizo e a folla de indicacións de cumprimentación da mesma.

Podedes enviála cuberta ao enderezo galicia@serunion.elior.com ou entregar na Secretaría ou Dirección do centro como data límite o luns 9 de setembro. 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

A celebración das Letras Galegas foi especial. Sonaron as gaitas, bailamos unha muiñeira entre quinto e sexto baixo a atenta mirada do resto do alumnado,  faláronnos de Antón Fraguas Fraguas e cantamos moito. Un día feliz en que reivindicamos o uso do galego, a lingua dos nosos devanceiros. Unha homenaxe á nosa cultura.

XARDÍN DE PLANTAS AROMÁTICAS

Grazas á ANPA estivemos estes días creando un xardín fabuloso cheo de plantas aromáticas que farán máis agradable o noso patio. Aprendemos moito, gozamos traballando a terra e plantando. Agora toca conservalo e respectalo. Grazas!!

 

 

XII ENCONTRO ESCOLAR DE XOGOS TRADICIONAIS

O 11 de maio, en San Sadurniño, celebramos o XII Encontro Escolar de Xogos Tradicionais. Pasámolo en grande xogando a todo o que se nos puxese diante. Unha morea de nenos e nenas coas familias pasamos un día grande outro ano máis. Esperemos que poidamos continuar con esta tradición os próximos cursos.

 

Se queredes ver o vídeo que está colgado da páxina de Brinquedia, copiade este enlace: 

https://youtu.be/N-Y-ztJaIoM

OS MAIOS

Como ben sabedes, o peón é un sinal de identidade deste centro. Temos un modelo que, por segundo ano consecutivo, vestimos de verde, flores e ata laranxas e limóns. Quedou moi vistoso grazas á aportación do material por parte das familias, a unha nai que tivo moita disposición para o deseño, a Eva que actuou con dilixencia e aportando ideas, ao profesorado e, por suposto, grazas ao bo facer de todos os nenos e nenas que por alí pasaron a crear o noso fantástico Maio.

E cantaron na Praza de España.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut