Skip to Content

 

   

TINKERCAD - SOFTWARE PARA CREACIÓN 3D

 

Tinkercad é un programa de deseño e modelado 3D en liña que facilita a creación de proxectos de animación dixital a unha variedade de usuarios (desde principiantes ata a expertos).
Tinkercad probablemente sexa unha das ferramentas de modelado 3D para imprimir máis sinxelas e intuitivas dispoñibles a nivel mundial. Ademais, este software CAD de impresión en 3D está construído nunha xeometría sólida construtiva (CSG), permitindo que calquera usuario poida crear modelos complexos mediante combinacións de obxectos simples.

 

LINKS AOS MANUAIS:

  1. Tinkercad learning center

FORMACIÓN PRESENCIAL

 

KDENLIVE - SOFTWARE PARA O CROMA

 

Kdenlive é un programa de montaxe e edición de vídeos Open source (código aberto). O proxecto foi lanzado ao redor do ano 2003. Kdenlive foi construído sobre Qt e sobre a infraestrutura (framework) de librerías KDE. Gran parte dos procesamentos de vídeo son efectuados a través de MLT Framework, que se basean á súa vez noutros proxectos Open source tales como FFmpeg, freOr, movit, padspa, sox etc.

 

 

Links aos manuais:

  1. Crear videotitoriais con KDENLIVE
  2. KDENLIVE para traballar con croma
  3. KDENLIVE manual

FORMACIÓN PRESENCIAL

CONVIVENCIA INTERCENTROS

Bonita xornada onte de xogos entre Esteiro e Ángeles Ruíz Robles.

O terceiro ciclo fumos xogar ao Datchball. Imaxe no ficheiro adxunto 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS - COÑECE O NOSO CENTRO

VISITA O NOSO CENTRO DURANTE O MES DE FEBREIRO

Podedes chamar ao teléfono ou solicitar a visita a través do seguinte enlace.

ADMISIÓN 2024-2025

1. CALENDARIO DO PROCESO E PRAZOS ABERTOS

DÍA DA PAZ 2024

Para conmemorar o Día da Paz e da Non Violencia o equipo de biblioteca facilitou diferentes caixas con lecturas relacionadas coa resolución de conflitos, a empatía, a solidariedade... 

Toda a comunidade educativa ten a súa disposición os libros relacionados coa paz dos que dispoñemos na biblioteca da escola. Podedes consultar cales son no seguinte enlace: 

LECTURAS PARA A PAZ

ACTIVIDADES DE NADAL

Como vimos facendo desde hai uns anos, no mes de decembro a biblioteca reune ao alumnado para facer unha morea de actividades. Por unha banda, ofrecemos unha selección de lecturas relacionadas co Nadal e, por outra, programamos unha sesión de xogos para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Para o resto do alumnado, nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria, o alumnado do Club de Lectura preparou un contacontos creado por eles mesmos. 

Premendo nos seguintes enlaces poderedes ver as publicacións no blog da biblioteca.

Exposición de lecturas

Xogos

Contacontos

E para as familias elaboramos unhas recomendacións lectoras, que esperamos sexan do voso interese.

https://bibliotecaceipesteiroferrol.blogspot.com/2023/12/recomendacions-para-o-nadal.html

 

VISITA DO BASKETMI FERROL

O pasado xoves tivemos a gran sorte de poder contar coa visita de representantes da directiva e xogadores do BASKETMI FERROL. Falaron con nós, contáronnos as súas experiencias, fixeron unha demostarción e finalmente xogaron con nós. Tivemos a posibilidade de probar as súas sensacións xogando e manexando unha cadeira de rodas. Experiencia inclusiva  e enriquecedora. Totalmente recomendable, repetiremos..

DÍA DO PEÓN - CELEBRACIÓN O 10 DE NOVEMBRO


Un ano máis celebramos o oso día adicado ao Peón.

O alumnado leva días practicando e bailando ese xogo de madeira nos tempos de lecer e diversión.

Distribuir contido


by Dr. Radut