Skip to Content

 

   

SEMANA DA MÚSICA 2022

Este ano retomamos a nosa celebración da Semana da Música cunha serie de cambios que xa iremos comunicando.

Para empezar aquel alumnado comprendido entre 3º e 6º tedes que cubrir o formulario que tedes a continuación cos vosos datos persoais, curso, modalidade artística e escola de aprensizaxe.

FORMULARIO

Ánimo e a participar!!!!

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN E COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

O Concello de Ferrol acaba de abrir o prazo para a solicitude de axudas á escolarización e comedor escolar do alumnado.

Acceso ás bases:

https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/608

SOLUCIONAR PROBLEMAS CO APLICATIVO COLECHEF

Para poder solucionar o problema relacionado co rexistro no aplicativo ColeChef a empresa solicita que enviedes un correo electrónico ao enderezo galicia@serunion.elior.com coa vosa consulta ou chamar aos teléfonos 630363844 ou 986453040.

PEQUEPARADA

Dende a Policía Local, nos poñemos en contacto con vostedes para recordarlles que nos preocupa a Seguridade Vial dos alumnos especialmente á hora de entrada e saida do colexio.

Recentemente se sinalizou unha zona á que denominamos “PEQUEPARADA”. Consideramos conveniente recordar os aspectos máis destacados para un correcto funcionamento.

As “PEQUEPARADAS” son o espazo máis adecuado para que suban e baixen do vehículo os menores. Localizadas fronte ás zonas de acceso, están destinadas para o servizo escolar cunha duración de 30 minutos no horario de entrada e saída.

Por todos é sabido que o espazo é limitado e todos acuden ao mesmo tempo ao Centro Escolar, por iso a operación de deixar ou recoller aos menores debe ser rápida e segura, deixando o sitio libre tan pronto como sexa posible, para que outro nen@ poida utilizalo.

O obxectivo primordial como se dixo, é velar pola seguridade dos nosos menores, a rotación no uso do espazo dispoñible, ao propio tempo que conseguiremos una mellor fluidez no tráfico e isto é responsabilidade de tod @ s

DÍA DO DEPORTE E FAMILIA 21 DE XUÑO 2024

Un ano máis celebramos a tradicianal festa do deporte popular e da xuntanza entre os membros da comunidade educativa.

ACCESO LIMITADO AO
EX-ALUMNADO E
MEMBROS DA COMUNIDADE ACTUAL  

 

O alumnado terá actividades organizadas arredor do xogo popular ao longo da mañá, compartindo un tempo de lecer divertido e en compañía do resto de compañeiros/as. 

A partir das 13:00 as familias poderedes accecer ao recinto escolar polas dúas portas de acceso para que poidades situarvos nos espazos das zonas verdes (en caso de choiva sería dentro do pavillón polideportivo). 
Coma o ano pasado o centro fai un uso responsable da auga e non permitirá o acceso aos baños para encher calqueira xoguete ou elemento coa mesma, agradecemos a vosa colaboración neste sentido.

Ás 17:00 o ANPA ten organizado no patio cuberto a festa da escuma (é obrigatorio o uso de escarpíns ou outro calzado antideslizante para evitar esvarar no chan). 

O centro dispón na planta baixa de aseos para o alumnado e familias, estando prohibido o acceso á primeira planta.

ACTIVIDADE EN SANTIAGO DE COMPOSTELA - CIENCIA ENTRE AS RAPAZAS

Actividade que dende AMIT Galicia están a desenvolver en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ( AMTEGA) para promover as vocacións científicas entre as rapazas.

O día 7 de xuño de 16:00 a 20:00 en Santiago de Compostela.

 

SOLICITUDE DO EOE

O protocolo de solicitude do EOE está descrito no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/4456

 

CHROMA KEY

O colexio aproveitou uns taboleiros que tiñamos e mercamos a pintura específica para o Chroma para facer un pequeno set onde poder poñer en práctica o aprendido.

Aquí tedes algúns exemplos. 

1. O polbo e o mar

 

 

2. Telexornal o Xogo Popular

3. O xogo da Mariola

 

Distribuir contido


by Dr. Radut