Curso 2015/2016
CANCIÓN DE: "O MAIO DE ALDÁN"
Posted Abril 25th, 2022 by david
Eiqui ven o Maio, vestido de xestas,
pra lle dar as grazas a señora Teresa.
Eiqui ven o Maio, vestido de flores
pra lle dar as grazas a señora Dolores.
Eiqui ven o Maio, por riba dos tellados,
eiqui ven o Maio de roubar os espantallos.
Eiqui ven o Maio, por riba das testas,
eiqui ven o Maio, vestido de xestas.
Eiqui ven o Maio pola Costa da Vela,
eiqui ven o Maio camiño de Compostela.
Eiqui ven o Maio pola pescadería,
eiqui ven o Maio camiño da Romaría.
Eiqui ven o Maio polos muros da eira,
eiqui ven o Maio do colexio de Espiñeira.
AUXILIAR DE CONVERSA 2016/17
Posted Septembro 5th, 2016 by davidELENA NOVAK, a nova Auxiliar de Conversa para o curso 2016/17.
Ten 24 anos e é da Florida, nos EE.UU.
GRADUACIÓNS 2016
Posted Xuño 29th, 2016 by davidAquí tedes videos das graduacións deste ano felicidades!!
Tamen se picades AQUÍ veredes as fotos deste curso.
CONCURSO DE ADHESIVOS 2016
Posted Maio 28th, 2016 by AnónimoComa estes últimos anos, convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega, a falala, a escribila, a utilizala máis, en xeral. É un moi bo xeito de poder mellorar na expresión oral e escrita, aprendela ben...
Aquí van as condicións do concurso e tamén algúns adhesivos destes anos pasados. PODEDES FACELOS CHEGAR AO CENTRO DE CALQUERA XEITO. Se vos resulta mellor, mediante o enderezo de correo electrónico edlgespinheira.aldan@gmail.com
Pode participar toda persoa que o desexe,de calquera idade, de xeito individual ou facelo entre varias persoas,do alumnado, profesorado, persoal non docente, irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns... Tamén as vosas amizades...
O prazo para a entrega rematará o martes 14 de xuño de 2016. Poderá haber un ou dous adhesivos gañadores, dependendo do xurado, que se distribuirán entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén dalgún xeito aos demais centros da zona.
- A persoa ou persoas gañadoras poderán escoller como premio un CD, ou Libro con CD e/ou DVD, con cancións en galego, que se poida conseguir no mercado.
Agradecemos tamén moito que poidades seguir participando, comentando e votando nos nosos concursos:
QUE CANCIÓNS GALEGAS NOS GUSTAN MÁIS? http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/477
AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458
CONCURSO DE CHISTES E CONTOS CURTOS CON HUMOR http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/456
OS NOSOS POEMAS FAVORITOS http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/479
MANUEL MARÍA 2016
Posted Abril 21st, 2016 by xurxoboAquí van novos enlaces que nos poden axudar moito a saber máis e darnos novas ideas para homenaxear ao noso autor deste ano 2016: MANUEL MARÍA
Facendo clic enriba desta imaxe lévavos a outra igual, pero se premedes nos cadradiños desa nova que se abriu descubriredes todo un mundo...
Por favor, botade unha ollada e seguro que atopades actividades interesantes. Moitísimas grazas.
E aquí van dúas cancións "O cuco" e "Galicia" con texto de Manuel María:
Pulsando no cuco, podedes ver un vídeo coa letra desta preciosa cantiga. A VER QUEN É CAPAZ DE APRENDELAS! Quen as saiba ten dereito a un agasallo!
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e maila fala
¡Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!
Tamén podedes poñer no buscador “manuel maria fernandez teixeiro” e atoparedes moreas de páxinas web, vídeos, imaxes, libros... que vos poden enriquecer moito cultural,persoalmente...
http://coordinadoraendl.org/letras2016/index.html
http://www.casamuseomanuelmaria.gal/estaticas/18.htm
http://academia.gal/letras-actual
http://primaveradasletras.gal/recursos-na-rede-sobre-manuel-maria/
http://sondepoetas.blogspot.com.es/search/label/Manuel%20Mar%C3%ADa
http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/
365diasparamanuelm.blogspot.com.es
http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/manuel-maria/unidades-didacticas
https://gl.wikipedia.org/wiki/Manuel_Mar%C3%ADa
PARA PRACTICAR TÁBOAS DE MULTIPLICAR
Posted Abril 13th, 2016 by xurxoboAquí van algúns enlaces para practicar as táboas de multiplicar.
Aínda que este primeiro enlace ten para xogar dúas persoas, tamén pode xogar unha soa cos dous coches.
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1351709213/contido/taboa/taboa.html
http://www.sectormatematica.cl/flash/tablalunar.swf
PLAN DE CONSUMO DE FROITA NAS ESCOLAS
Posted Abril 5th, 2016 by davidEste curso 2015-2016 o noso colexio vai participar no "Plan de consumo de froita nas escolas" coa axuda finacieira da Unión Europea.
Imos ter catro períodos (semanas) de froita no cole, onde todo o alumnado recibirá unha peza no recreo.
O terceiro período será do 11 ao 15 de abril de 2016.
O cuarto período será do 30 de maio ao 3 de xuño de 2016.
IMOS AO TEATRO!!!!!!
Posted Marzo 11th, 2016 by xurxoboTodo o ensino infantil xunto con 1º, 2º e 3º de ensino primario, imos ver esta obra tan curiosa que é “O lobo e a lúa” ao Auditorio de Cangas.
Por iso queremos deixarvos unha pequena recensión do que vos ides atopar:
SINOPSE:
Había unha vez un pequeno lobo que vivía nun prado azul, el precisaba falar coa lúa, era moi importante o que lle tiña que dicir, como a lúa estaba moi lonxe non lle escoitaba, así que o lobo tiña que berrar, cos seus berros non deixaba durmir a ninguén, nin a Nina a tartaruga, nin a Duarte o elefante, nin a Miñao o gato malvado.
No seu intento de falar coa lúa coñece a Mariano, un rato falador e divertido que lle axudará, ou quizais non.
No prado azul esta noite, ninguén pode durmir!
“O lobo e a lúa” é unha peza teatral tenra, divertida e intrigante onde os seus personaxes conviven a pesar das súas diferenzas. Ninguén é tan bo como aparenta nin tan malo como parece. Un espectáculo que transcorre sempre de noite, á luz da LÚA. Unha historia de amizade, superación dos propios medos e do amor.
Público: A partires de 2 anos de idade.
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Óscar Ferreira e Andrea Bayer
Guión: Andrea Bayer
Dirección de manipulación: Óscar Ferreira
Elenco: Xosé Manuel Esperante / Cora Sayers
Deseño de escenografía: Óscar Ferreira
Escenografía: Óscar Ferreira e Juan Silva
Vestiario: Baobab Teatro
Música: Elena Paz e Xosé Liz
Deseño de iluminación: Daniel Abalo
Deseño sonoro: Daniel Abalo
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO!!!