QUE CANCIÓNS GALEGAS NOS GUSTAN MÁIS?
CANCIÓNS GALEGAS QUE GUSTAN
Presentámosvos algunhas cancións en galego que soen gustar moito. Ao mellor non están nunha versión que algunhas persoas agardan. Isto é só unha escolla para ir mellorando. Podemos escoitalas pulsando sobre o seu título :
"AÍ VÉN O MAIO"
por Luís E. Batallán, letra de Curros Enríquez.
"A RIANXEIRA"
por Dulce Pontes, Carlos Núñez & The Chieftains.
"QUEN POIDERA NAMORALA"
de A. Cunqueiro e música de L.E. Batallán.
"O MIUDIÑO"
por Astarot.
"A CAROLINA"
por Fuxan os Ventos.
"O MEU AMOR É MARIÑEIRO"
por Fuxan os Ventos, letra de Manuel Alegre.
"IRMAUS"
por Fuxan os Ventos, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"COMPAÑEIRA"
por Fuxan os Ventos.
"CORPIÑO XEITOSO"
por Luís Tosar, de Andrés L. Do Barro.
"MIÑA TERRA GALEGA"
por Lucía Pérez, de Siniestro Total.
“HIMNO GALEGO”
por Lucía Pérez, letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga.
"NEGRA SOMBRA"
por Luz Casal, letra de Rosalía e música de Xoán Montes.
"LELA"
por Dulce Pontes, de A. Daniel R. Castelao.
"RAP DA LINGUA"
por Migallas.
"MORAIMA"
por Ana Belén e Milladoiro, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"EU EN TI"
por Uxía, letra de Celso Emilio Ferreiro.
"O TREN"
por Andrés L. Do Barro.
"ADEUS RÍOS, ADEUS FONTES"
por Lucía Pérez, letra de Rosalía e música de Amancio Prada.
"CHOVE EN SANTIAGO"
por Luar Na Lubre, letra de Federico G. Lorca.
"AI AMOR"
por A quenlla, letra de Xosé Neira Vilas.
"O MEU PAÍS"
por Miro Casabella, letra de X.M. Casado e música do cantaautor.
"CATRO VELLOS MARIÑEIROS"
por A Roda.
"VEN BAILAR, CARMIÑA"
por Luar Na Lubre.
"POUSA, POUSA..."
por Luar na Lubre.
"CAMARIÑAS"
por Luz Casal e Luar Na Lubre.
"XENTE"
por Berrogüetto.
"ALECRÍN"
pola Orquestra Sinfónica de Melide.
"XIRAREI"
por Xil Ríos.
"TEÑO SAUDADE"
por Ugia Pedreira, de Andrés L. Do Barro.
"COA LINGUA DE FÓRA"
por Quempallou.
"UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO"
por Uxía, letra de M. Curros Enríquez.
"O PIRIMPIMPÍN"
por Malvela.
"NA BEIRA DO MAR"
por Pili Pampín.
"ABRIL EN PORTUGAL-O SACRISTÁN DE COIMBRA"
por Xoán Eiriz.
"O RODABALLO"
por Xocaloma.
"QUERO VER COMO TE RIS"
de Medomedá (cómico-festivo-lúdica, recomendada por varias persoas de
menos de 30 anos ).
por Luís Tosar, de Andrés L. Do Barro.
"FERROL"
por Los Limones.
"TORRES DE COMPOSTELA"
por Lucía Pérez.
por El puto Coke (Hip-hop solicitado. Ademais as persoas que aparecen no vídeo podedes coñecelas, xa que son de Vigo e do Morrazo).
Primeiro facede un "clic" sobre esta imaxe para ver todos os títulos das cancións. Deseguida, xa podedes pulsar sobre os tres títulos das cantigas que máis vos gusten e así, segundo o número de votos, van aumentando de tamaño. Só se poden engadir tres votos cada 24 horas e, como cantas máis persoas participen mellor, solicitamos a cooperación do maior número de persoas distintas do voso fogar, da vosa familia, traballo, amizades...
Pulsades en comentarios, ao final desta actividade á dereita, e aí podedes poñer, por exemplo, "Para min (título da cantiga, autor, onde se pode escoitar...) é moi fermosa e non a atopo"... e daquela, intentaremos engadila en canto poidamos.
Á vosa completa disposición e encantados de poder axudar en todo canto estea na nosa man, aclarar dúbidas... e se vedes algo que se poida mellorar... comentádenolo, por favor. Agradecemos calquera colaboración. Somos conscientes que podemos mellorar moito, polo que estamos abertos a calquera crítica construtiva que poida servir para progresar como nos gustaría.
Moitas grazas por facer chegar isto a todas as persoas que poidades. Así podemos contribuír a enriquecer o noso patrimonio, a coñecer cancións que outras persoas consideran fermosas, a recuperar algunhas ou a que non vaian caendo no total esquecemento outras, a que unha parte do noso idioma propio, compoñente moi valioso da cultura universal, coma todas as linguas, que a propia UNESCO, Consello de Europa... definen como creacións extraordinarias e lembran que necesitan moita protección, siga viva...
Agora todas as persoas, ata os máis novos, podedes elixir e votar polas cantigas que máis vos gusten máis doadamente.
MOI AGRADECIDOS POLA VOSA COLABORACIÓN!
Comentarios
As cantigas fermosas.
Ola.
Gústanme moito as cantigas que recolledes nesta actividade, pero para cambiar un pouco o estilo, aquí vos deixo unha que a min persoalmente gústame bastante, ademáis os mozos que aparecen no vídeo son de Vigo e do Morrazo.
Tema: "Gal-Ego" de El puto Coke, pódese escoitar en youtube
SOLICITUDE INCLUÍDA
Como podes ver xa a incluímos. Moitas grazas.
CAMARIÑAS
Ola.
Chegoume un correo para que vise isto e gustoume moito.
Sobre todo Camariñas, porque vivín un tempo alí e gardo moi bos recordos.
Boa idea a de votar e que se faga máis grande o título segundo os votos.
Irmaus
Non che sería moito mellor este mundo se viramos aos nosos semellantes con outra ollada, como nos di a canción de Fuxan, con esa marabillosa letra de CELSO EMILIO.
EU EN TI e MORAIMA
Non as coñeciamos. Pensamos que o Celso Emilio Ferreiro non facía poesías deste tipo. Fíxonos mercar o libro de poemas e estamos encantados.
PARABÉNS.
Non sabía que o Castelao, ata facía cancións. O home pegáballe a todo!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Levóuvos moito tempo?
Quixeramos saber, aproximadamente, canto tempo vos levou facer isto?
A verdade é que nos está dando ideas.
Un saúdo desde Pontevedra.
moito tempo?
O do tempo todo che é relativo. Levou moitas horas, non che podo dicir cantas, porque ademais era a primeira vez que nos metiamos neste tipo de actividades. Bastante tempo, pero como estabamos aprendendo e todo isto era moi novo para nós, fixémolo con gusto e pasounos o tempo voando. Hai que poñerse e dispor de tempo, claro.
Pouco a pouco todo se vai facendo. Moitos ánimos e adiante.
un de Narón
Eu son máis de QUERO VER COMO TE RIS e un pouco de FERROL, que me queda aquí cerca.
Boa selección.
son de Bueu
Son de Bueu. Grazas por lembrarvos de nós e do marabilloso Andrés do Barro, que chegou a número 1 dos 40 principales, cantando en galego. Aí é nada.
Que gusto volver escoitar o himno, a negra sombra, a carolina, a rianxeira...
E o de poder botar xa o entendín, que ao principio non daba...
Temos cancións ben fermosas, non é verdade?