Adhesivos

CONCURSO DE ADHESIVOS 2016

Coma estes últimos anos, convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega, a falala, a escribila, a utilizala máis, en xeral. É un moi bo xeito de poder mellorar na expresión oral e escrita, aprendela ben...

Aquí van as condicións do concurso e tamén algúns adhesivos destes anos pasados. PODEDES FACELOS CHEGAR AO CENTRO DE CALQUERA XEITO. Se vos resulta mellor, mediante o enderezo de correo electrónico edlgespinheira.aldan@gmail.com

Pode participar toda persoa que o desexe,de calquera idade, de xeito individual ou facelo entre varias persoas,do alumnado, profesorado, persoal non docente, irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns... Tamén as vosas amizades...

O prazo para a entrega rematará o martes 14 de xuño de 2016. Poderá haber un ou dous adhesivos gañadores, dependendo do xurado, que se distribuirán entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén dalgún xeito aos demais centros da zona.

  • A persoa ou persoas gañadoras poderán escoller como premio un CD, ou Libro con CD e/ou DVD, con cancións en galego, que se poida conseguir no mercado.SorrisoSorprendido

 

Agradecemos tamén moito que poidades seguir participando, comentando e votando nos nosos concursos:

QUE CANCIÓNS GALEGAS NOS GUSTAN MÁIS?   http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/477

AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS    http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/458

CONCURSO DE CHISTES E CONTOS CURTOS CON HUMOR http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/456

OS NOSOS POEMAS FAVORITOS      http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipespinheiraaldan/node/479

CONCURSO DE ADHESIVOS 2014

 

Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega. Aquí podedes ver algúns destes anos pasados.

Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...

O prazo para a entrega rematará o venres día 6 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.

A persoa gañadora poderá elixir como premio un cd ou libro-cd con cancións galegas que poidamos conseguir no mercado.

XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE ADHESIVOS

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS AS PERSOAS QUE PARTICIPARON E COLABORARON NESTE CONCURSO.

Este foi o adhesivo gañador   

Xa sabedes que só pode gañar un dos traballos presentados, pero queremos que recibades o noso agradecemento. Vós facedes posibles as nosas actividades.

CONCURSO DE ADHESIVOS

 

Convocamos un concurso de adhesivos para animar a usar máis a lingua galega. Aquí podedes ver algúns destes anos pasados. Poden participar todos os membros da nosa comunidade educativa: profesorado, alumnado, persoal non docente, xunto cos seus familiares: irmáns, irmás, nais, pais, avoas, avós, tíos, tías, curmás, curmáns...

O prazo para a entrega rematará o luns día 3 de xuño. O adhesivo gañador distribuirase entre todos os membros da nosa comunidade educativa e farase chegar tamén aos demais centros da zona.

A persoa gañadora poderá elixir como premio un cd ou libro-cd con cancións galegas que poidamos conseguir no mercado.

Adhesivos para non esquecernos da lingua

Aquí podedes ver algúns adhesivos realizados polo alumnado do noso centro para non esquecernos da lingua galega. Como di o gran poeta  CELSO EMILIO FERREIRO:

...

falar a fala nai,

a fala dos avós que temos mortos.

e ser, co rostro erguido,

mariñeiros, labregos da linguaxe

...

Distribuir contido

Espiñeira nas ondas

Radio na Biblio

Observa-acción 2018-2019/2019-2020

FOMOS PREMIADOS NO "CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS"

Galardonados co premio LIA

Eventos

« Xuño 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930

Proxceto de Historia: Unha viaxe polo tempo

      

Novo Proxecto Educativo