Secretaría
AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR
Posted Xullo 4th, 2024 by nuriaÁbrese o periodo de presentación de solicitudes das AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR para o curso 2024_25 do 2 de xullo ao 2 de agosto (ámbolos dous incluídos).
BASES REGULADORES E SOLICITUDE. Prema AQUÍ
Para máis información poden dirixirse ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou ao correo electrónico benestarsocial@cangas.gal
AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25
Posted Maio 23rd, 2024 by nuriaEnlace a Orde no Diario Oficial de Galicia
Destinatarios |
Alumnado de Primaria |
Prazo |
Do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024 |
Contía da axuda |
-Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 € -Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 € |
Documentación |
-Solicitude ED330B-anexos I e II -Fotocopia do libro de familia -En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. |
Onde presentar a solicitude |
-Na secretaría do centro, de luns a venres de 9:30h. a 14:30h. -"Fondolibros": cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo Tanto para a sede electrónica ou o aplicativo "Fondolibros" deberán usar a Chave 365 ou Certificado Dixital |
ADMISIÓN NOVO ALUMNADO (2024-25)
Posted Febreiro 28th, 2024 by nuria
Comeza o proceso de admisión de alumnado en centros escolares sostidos con fondos autonómicos para o curso 2023/24, regulado pola Orde de 21 de outubro de 2022 e co seguinte calendario:
- Do 1 ao 20 de marzo de 2024: prazo de solicitude de admisión para o alumnado que se incorpora por vez primeira ao sistema educativo galego ou para os que cambian de centro de maneira voluntaria.
- 25 de abril de 2024: publicación da listaxe provisional de admitidos. Cinco días hábiles para formular reclamacións a partir do día seguinte da súa publicación.
- 15 de maio de 2024: publicación da listaxe definitiva de admitidos.
- Do 20 ao 28 de xuño de 2024: unha vez admitido, prazo de formalización de matrícula.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS
Posted Xaneiro 30th, 2024 by nuriaEn marzo comeza o proceso de admisión ordinaria nos centros educativos polo que se queredes vir a coñecernos teremos varios días de XORNADAS DE PORTAS ABERTAS no noso colexio. As datas serán as seguintes:
- Martes 20 de febreiro ás 17 horas
- Martes 27 de febreiro ás 17 horas.
- Martes 5 de marzo ás 18 horas.
Agradecemos que reservedes CITA PREVIA nos teléfonos:
886110187 (dirección)
886110186 (secretaría)
Ou ben na WEB: ceip.espinheira.aldan@edu.xunta.gal
RESERVA DE PRAZA NO IES Mª SOLIÑO
Posted Xaneiro 16th, 2024 by nuriaO vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 9:30 terá lugar na biblioteca do centro unha charla para o alumnado de 6º de primaria e as súas familias sobre o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso.
Ábrese o prazo para realizar a Reserva de Praza no IES María Soliño (centro adscrito):
Alumnado ao que vai dirixido: 6º curso de Educación Primaria |
|
Prazo de presentación: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro |
|
Documentación: Cubrir o formulario ED550A de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado |
|
Presentación:
|
CONVOCATORIA AXUDAS COMEDOR ESCOLAR 2023-24
Posted Agosto 3rd, 2023 by nuriaÁbrese o periodo de presentación de solicitudes das AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR do 1 ao 25 de agosto para o vindeiro curso.
Estas axudas dependen da Concellería de ensino, benestar, muller e igualdade do Concello de Cangas e regúlanse a través das seguintes bases:
Bases reguladoras para a concesión de axudas de comedor escolar 23-24
PARA OS/AS INTERESADOS/AS EN SOLICITAR ESTAS AXUDAS, ACHEGÁMOSVOS O MODELO DE SOLICITUDE QUE TEREDES QUE PRESENTAR NO REXISTRO MUNICIPAL DO CONCELLO DE CANGAS, XUNTO COA DOCUMENTACIÓN REQUERIDA.
ANEXO I Solicitude axuda comedor escolar 23-24
Para máis información podedes dirixirvos ao Centro Municipal de Benestar Social, Rúa Andalucía 3 baixo, ou ao correo electrónico benestarsocial@cangas.gal
RESERVA DE PRAZA NO IES Mª SOLIÑO
Posted Xaneiro 26th, 2023 by nuriaRESERVA DE PRAZA PARA O IES MARÍA SOLIÑO
O vindeiro xoves 25 de xaneiro ás 9:30 terá lugar na biblioteca do centro unha charla para o alumnado de 6º de primaria e as súas familias sobre o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso.
Ábrese o prazo para realizar a Reserva de Praza no IES María Soliño (centro adscrito):
Alumnado ao que vai dirixido: 6º curso de Educación Primaria |
|
Prazo de presentación: Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro |
|
Documentación: Cubrir o formulario ED550A de xeito manual ou a través da aplicación admisión alumnado |
|
Presentación:
|
CONVOCATORIA DE AXUDAS AO COMEDOR ESCOLAR
Posted Xullo 21st, 2022 by nuriaAchegamos as BASES REGULADORAS e o MODELO DE SOLICITUDE de axudas ao comedor da nosa escola para o vindeiro curso 2022-23.
REQUISITOS:
Serán requisitos necesarios para solicitar as axudas os seguintes:
-
A unidade familiar deberá estar empadroada e residir de modo efectivo no concello de Cangas.
-
Convivir cos alumnos/as para os que se solicitan as axudas.
-
Estar matriculado para, a segunda etapa de educación infantil ou educación primaria, no curso escolar de 2022/2023, no CEIP de O Hio, A Espiñeira, Nazaret, ou A Rúa, erradicados no termo municipal de Cangas.
-
Debese contar con praza no comedor, de non ser así aínda tendo concedida a axuda non se fará efectiva.
-
Que os ingresos económicos da unidade familiar non supere os seguintes límites máximos de rendas obtidas no ano 2021: [150 % IPREM + 15 % (127,10 €/mes) por novo membro]
FORMALIZACIÓN DE SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN:
As/os solicitantes presentarán as súas solicitudes a través do Rexistro Xeral Municipal do Concello de Cangas, segundo o modelo que figura como Anexo I, acompañadas da documentación acreditativa do cumprimento de requisitos e circunstancias que permitan avaliar as situacións sociofamiliares.
A documentación que deberá acompañar as solicitudes será a seguinte:
-
Fotocopia do DNI, NIE do/a solicitante en vigor
-
Fotocopia do Libro de Familia completo ou documentación oficial acreditativa dos membros da unidade familiar coas súas data de nacemento.
-
Volante de empadroamento acreditativo da convivencia familiar, expedido polo Concello.
-
Xustificación da situación económica e laboral do ano 2021, de tódolos membros da unidade familiar maiores de 16 anos, mediante fotocopia da declaración do IRPF do exercicio 2020, no suposto de facela, correspondentes a cada un dos membros computables da unidade familiar; ou certificado negativo, no suposto de non estar obrigado a realizala, expedido pola Administración Tributaria de Facenda, acompañada de (se é o caso):
-
Certificacións do INEM sobre prestacións e subsidios de desemprego.
-
Certificacións do INSS / ISM sobre pensións e prestacións percibidas.
-
Calquera outro documento xustificativo de ingresos (pensións de alimentos dos menores, rendas dos alugamentos …)
-
Copia do imposto de actividade económicas (Autónomos)
-
No caso de non poder acreditar a situación económica cos documentos anteriores, ou cando da situación declarada se desprenda unha falta de medios económicos para subsistir, terán que facer unha declaración responsable dos medios de vida (informe de signos externos).
-
No caso de separación ou divorcio, deberase aportar convenio regulador así como documento xustificativo das achegas económicas actualizadas, ou no seu defecto, denuncia por incumprimento.
-
Xustificante do gasto de alugamento da vivenda.
-
Calquera outra documentación que se considere conveniente na instrución do procedemento de resolución.
No caso de que algúns documentos requiridos no poidan presentarse por impedimento legal ou administrativo, substituirase por unha declaración xurada de compromiso. Dita documentación presentarase antes da proposta de resolución, nun prazo máximo de 10 días.
PUBLICIDADE E PRAZO DE SOLICITUDE:
A publicación das presentes bases e a resolución das axudas realizarase no taboleiro de anuncios do Concello, do Centro Municipal de Benestar Social, na paxina web do Concello de Cangas e dándolle difusión aos CEIP de Espiñeira, o Hio, Nazaret e a Rúa.
O prazo de presentación de solicitudes para o curso 2022/2023 será do 20 de xullo ao 5 de agosto (ámbolos dous incluídos).