Skip to Content

Coñece o noso centro

PRESENTACIÓN REUNIÓN INICIO DE CURSO

PRESENTACIÓN DE INICIO DE CURSO 2023-24

Documento resuno da reunión de presentación do curso escolar 2023-24.

Coñece o noso centro

O CEIP A Escardia está situado no núcleo urbano de Vilagarcía de Arousa, a pouca distancia do centro da vila.

A súa situación privilexiada, preto das estacións de autobuses e trens, da Casa Consistorial, da praia Compostela, da Escola Municipal de Música, da Biblioteca Municipal, do Auditorio Municipal, de parques como os de Ravella e Miguel Hernández, así como diferentes servizos como oficina de correos, supermercados, etc. fai que a actividade educativa poida trasladarse a estos espazos e utilizalos como fontes de aprendizaxe do entorno.

O centro conta cun único edificio de dúas plantas nas cales se reparten as aulas e demais espazos do centro. Nel impártense as ensinanzas do segundo ciclo de Educación Infantil e a etapa de Educación Primaria.

A nosa escola caracterízase por ser unha escola en continuo cambio e mellora pedagóxica, sendo un referente en canto a metodoloxías como a aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de proxectos de innovación educativa que teñen como obxectivo promover a educación inclusiva e a igualdade.

Distribuir contido


by Dr. Radut