Skip to Content

Actividdades Extraescolares e Complementarias

Canción Día da Paz e non Violencia

Aquí compartimos o audio coa canción creada por todos os nenos e nenas do CEIP A Escardia a partir da idea orixinal da artista Marta Gómez. Con esta canción berramos e cantamos ao mundo, "para a guerra nada".

 

REVISTA ESCOLAR CURSO 2016-2017

Aquí vos deixamos a última edición da nosa revista escolar, esperamos que vos guste.

Revista, 27 de A Escardia de Arancha Pernas Temes

 

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O pasado martes día 16 celebramos na Escardia o Día das Letras Galegas. O acto consistiu na lectura dunhas verbas por parte do mestre Xermán. Logo, a nosa directora, coa axuda dun neno de infantil, mostrou o cadro Rosalía de Castro formado polas caras de todos os nenos, nenas e mestres do noso centro, acompañado dunha placa.

 

Máis tarde trasladámonos ao ximnasio, onde o contacontos Servando Barreiro, tamén coñecido coma o "bardo Averlardo", contounos a biografía de Carlos Casares. Tamén nos fixo cantar e bailar coa representación dos seus contos máis populares, coma "A galiña azul", "A bomba da felicidade", "Lolo anda en bicicleta" ou "O can Rin e o lobo Crispin".

   

MAIOS

Os alumnos e alumnas do CEIP A ESCARDIA en colaboración cos mestres, fixeron un maio que adornaron con flores, ovos cucados e laranxas.

Logo xuntámonos todos e cantamos ao maio.

 

RECITAL DE POESÍAS DE ROSALÍA DE CASTRO

ENTROIDO 2017

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do que foi o día do entroido na Escardia. Esperamos que vos guste.

FESTIVAL DE NADAL 2016

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe do Festival de Nadal deste ano.

Esperamos que vos guste e desexámosvos un próspero 2017.

(O video ten música, así que premede no botón de son)

ÁRBORE DA CONVIVENCIA E CONMEMORACIÓN DO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnos e alumnas do CEIP A Escardia estamparon as súas pegadas nunha árbore de outono para reflexar así a convivencia entre todos.

 

 E

Tamén cubrimos as escaleiras con frases a favor da paz e en contra da violencia.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut