Skip to Content

blogue deceipescardia

Camiños Seguros- Curso 2024-25

"VAISCHOOL"

Rede de camiños escolares seguros

O próximo curso 2024-25 o "Vaischool", proxecto que pon en marcha o Concello de Vilagarcía en colaboración  de ANCAS, a asociación de nenos e nenas camiñantes por un ambiente sostible, e de Stop Accidentes.

A iniciativa ten como obxectivo crear camiños escolares seguros para que o alumnado poda ir andando ao cole en grupo cun pai/nai/familiar de referencia, fomentando hábitos saudables e de redución do uso do coche.

Deixamos máis información na circular (click na imaxe) e a folla de inscrición que podedes realizar online ou entregar directamente no centro.

CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2024

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

- Convocatoria do Campamento Urbano de Verán 2024 que está destinado a nenos/as nados/as entre o 1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2020, aprobadas en XGL do 11 de marzo de 2024.

 

- Convocatoria do Campamento Urbano de Verán 2024 (NATURARTE): Ecoartístico, Medioambiental e Multiaventura. Estas actividades están dirixidas a rapaces/as nados entre o 1 de xaneiro de 2012 ao 31 de decembro de 2016. O prazo de inscrición comprende entre o 29 de maio ata o día  7 de xuño.

 

 

Fai clic na imaxe para descargar as bases:

SOLICITUDE DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR-CURSO 2024-25

 

SOLICITUDE DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

CURSO 2024-25

 

  • Solicitude de Axudas para adquirir Libros de Texto para os cursos de 1º e 2º de Educación Primaria.

 

  •  Participación no Fondo Solidario de Libros de Texto para o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria. O alumnado matriculado nos cursos 5º e 6º de educación primaria incluídosno proxecto educación dixital (E-Dixgal) no curso 2024/25 está excluído da participación nofondosolidario de libros de texto. Non obstante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar candoreúnaosrequisitosestablecidosnaorde.

  •  Adquisición de Material Escolar para toda a etapa de Educación Primaria.

 

Presentarase unha única solicitude para todos os fillos/as que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/25.  

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ata o 21 de xuño de 2024.

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

 

  • PREFERIBLEMENTE por vía electrónica a través de:

 

-        A aplicación informática https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

-        A sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/portada

 

  •  Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente no centro adxuntando o impreso ED330B.

 

Enlace á Orde no Diario Oficial de Galicia

Enlace ao resumo do procedemento

Manual do Cidadán

 

HORARIO DE SECRETARÍA ESPECÍFICO PARA ESTE PROCEDEMENTO:

  • Luns: de 12:15 a 13:05 h.
  • Martes: de 09:00 a 09:40 h.
  • Xoves: de 13:10 a 13:50 h.

 

 

 

 

BECAS NEAE- Curso 2024-25

BECAS NEAE

Curso 2024-25

-Prazo de solicitude: ata o 13 de setembro de 2024

- Máis información no enlace.

 

CAMPAÑA DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA 2024

 

CAMPAÑA DE VERÁN DA XUNTA DE GALICIA 2024

No seguinte enlace podedes atopar información sobre os campamentos  de verán 2024 organizados pola Xunta de Galicia.

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL- CURSO 2024-25

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL- CURSO 2024-25

 

Informamos que todas as solicitudes presentadas para 4º de Educación Infantil foron admitidas.

Poden consultar a listaxe de alumnado admitido en 4º de Educación Infantil para o próximo curso 2024-25 no taboleiro do centro.

 

Formación Familia e educación

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

Dende o centro e en colaboración co CFR de Pontevedra, organizamos esta sesión de formación "Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación" a cargo da mestra e Psicopedagoga Alba Pérez.

PRESENTACIÓN REUNIÓN INICIO DE CURSO

PRESENTACIÓN DE INICIO DE CURSO 2023-24

Documento resuno da reunión de presentación do curso escolar 2023-24.

PLAN DE IGUALDADE

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

Distribuir contido


by Dr. Radut