Skip to Content

Actividades, Novas, Comedor, Solicitudes e Regulamentos

CAMBIO DE MENÚ MARTES 22 DE XUÑO

Buenas tardes, 

 
Está previsto un cambio en el menú del martes 22 de junio, último día de curso, con la intención de hacerlo un poco más festivo para los niños y niñas, que han tenido un año escolar complicado y han respondido de la mejor manera posible a las nuevas normas y dificultades.
 
Menú anterior
Primer plato: espaguetis boloñesa
Segundo plato: tortilla española con ensalada de lechuga, maíz y aceitunas
Postre: yogur.
 
Nuevo menú
Primer plato: crema campera.
Segundo plato: pizza artesana de jamón y mozzarella.
Postre: danonino.

Ficha Alta Actividades Extraescolares Curso 2021/22

Preme no adxunto para descargar o arquivo

Ficha de Alta de Familia Socia da ANPA Curso 2021/22

Preme no adxunto para descargar o arquivo

 

Aviso Urxente: Necesidade de renovación da Xunta Directiva da ANPA Brexo-Lema

Aviso:

NECESIDADE DE RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

Estimadas familias, vos informamos que con este curso termina tamén o prazo de representación dos membros da actual Xunta Directiva da ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López.

Algúns dos membros actuais, que levan xa anos ao fronte da asociación, prestando a súa colaboración en favor da nosa Comunidade Escolar, marchan do Centro igual que os seus fillos

e fillas de sexto de primaria.

Noutros casos, o ciclo de representación de 2 anos consecutivos chega tamén ao seu fin, e as condicións persoais e profesionais deses membros, non fan posible que continúen a estar ao

fronte da dirección da ANPA.

Esta asociación, que leva activa de maneira ininterrompida desde o ano 1989, e pola que pasaron xa numerosos equipos directivos, é a responsable de organizar os servizos de Comedor

Escolar e Actividades Extraescolares, entre outros, para que as familias do alumnado do CEIP Emilio González López teñamos esa posibilidade.

 

Por iso, AVISAMOS DE QUE SE PRECISAN PERSOAS VOLUNTARIAS para renovar os cargos de:

- Presidencia

- secretaría

- Tesourería

- Vogais

 

sentimos informar con tan pouco tempo, pero as circunstancias persoais son as que son.

Asemade, lamentamos comunicarvos, que de NON EXISTIR PERSOAS INTERESADAS EN OCUPAR OS CARGOS VACANTES DA XUNTA DIRECTIVA da ANPA, antes do 15 de xullo de 2021,

na xunta actual, verémonos na obriga de disolver a Asociación e rescindir os contratos dos servizos de cara o curso que ven 2021/22 coa consecuente perda dos servizos.

 

Tede en conta as persoas interesadas, que os actuais membros, prestaremos todo o noso apoio á nova Xunta Directiva. Como vedes, xa está en marcha e organizado todo o necesario para o comezo do novo curso e tede por seguro que poderedes contar coa nosa colaboración constante en todos os aspectos que necesitedes.

 

Esta é unha entidade orgánica, que necesita renovación, ideas e novas propostas...

... As queres traer ti?

 

Envíanos un mail a anpabrexolema2013@gmail.com antes do 15 de xullo de 2021 e che ampliaremos información.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Atentamente,

 

A Xunta directiva da ANPA

Reunión extraordinaria da ANPA o martes 22 de xuño 2021

CONVOCATORIA ÚLTIMA REUNIÓN DA ANPA DO CURSO 2020/21

Hoxe, martes 22 de xuño de 2021, celebraremos a última reunión do curso. Podedes asistir de maneira presencial ou telemática:

- Presencial: Se convoca a reunión no patio do Centro ás 19:00h en 1ª convocatoria e en 2ª convocatoria ás 19:30h. Lembrade levar mascarilla.

- Vía Zoom: Seguide a seguinte ligazón para unirse á reunión: https://us02web.zoom.us/j/81505474116?pwd=SHFFNmlZTVE3OUFQY1Nzdk1KR3o2UT09

Ou ben usade a ID de reunión: 815 0547 4116 e Código 936469

 

Orde do día: Valoración e peche do Curso 2020/21 e renovación de Xunta Directiva.

Circular Informativa novo Curso Escolar 2021/22

CIRCULAR INFORMATIVA - CURSO 2021/22

Estimadas familias, mediante a presente vos informamos da planificación dos nosos servizos de cara ao novo curso escolar 2021/22, sempre que se renove a Xunta Directiva da ANPA para o vindeiro curso.

Informamos ás familias de nova inscrición no Centro, que os servizos de COMEDOR e ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES os xestiona directamente a Asociación de Nais e Pais: ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López, a través da contratación de empresas especializadas.

No vindeiro curso, se non hai novidade ao respecto, manteranse as distancias interpersoais, os grupos burbulla e as mascarillas no transcurso dos nosos servizos, tanto nos espazos interiores como exteriores.

Toda esta información, irase actualizando puntualmente, se fóra o caso, se a situación sanitaria ou as autoridades competentes así o aconsellan.

COMEDOR ESCOLAR

Funcionamento: Para respectar as medidas de seguridade, as comidas sérvense en tres quendas:

- 1ª quenda: Alumnado de Educación infantil. A partir das 14:00h.

- Quenda corrida: A partir das 14:30h, irán entrando as burbullas de 1º e 2º de Educación primaria a medida que vaia rematando o alumnado de infantil, para respectar o aforo.

- 2ª quenda: A partir das 15:00h. Despois da correspondente limpeza e desinfección da sala, acompañaranse dende o seu lugar de agarda (aula de informática ou espazos exteriores se a

climatoloxía o permite) ás burbullas de 3º ata 6º de primaria.

 Prezo: 

Fixo mes - 81.01€

Fixo 4 días - 66.49€

Fixo 3 días - 50.37€

Fixo 2 días - 33.76€

Fixo 1 día -   16.99€

Esporádico -   5.80€

Recollida: Os tres horarios de recollida dos nenos e nenas dispoñibles á vosa elección son:

- 15:30h

- 16:30h

- Se están anotados a actividades extraescolares, 17:45h.

Os nenos e nenas terán un tempo de ocio e xogos ao aire libre ou no pavillón, antes da súa recollida.

 

Inscrición: Abrirase o período de inscrición telemático entre os días 10 e 30 de agosto de 2021 (incluídos) a través da páxina web de Jardanay: www.jardanay.es 

 

Solicitude: Debedes cubrir o formulario de solicitude de alta accedendo á web. Na área de clientes, escollede a opción CEIP Emilio González López e indicade as claves:

 

Usuario: emilio

Contraseña: comedores2021

 

Débese cubrir todo o formulario de alta e escoller unha das seguintes modalidades de servizo:

- Modalidade fixa: Se reserva a praza de comedor de luns a venres.

- Modalidade descontinua: 1, 2 ,3 ou 4 días concretos á semana.

- Modalidade esporádica: Se reserva a praza (sempre que existan prazas dispoñibles) de días soltos que se avisarán como mínimo un día antes contactando coa ANPA a través do correo

anpabrexolema2013@gmail.com

- Comedor na casa: Se reserva a comida para levar que se entrega ás familias á saída do cole.

 

(As claves pódense consultar, na web do cole, no apartado de Comedor da ANPA https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/

 

Confirmación de praza: Dadas as medidas de seguridade actuais, o aforo do comedor de momento segue reducido. Se vos comunicará a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso, que no caso de ser necesario, seleccionarase por esta orde, segundo os seguintes criterios de valoración:

- Estar ao día no pago das cotas de Jardanay e a ANPA

- Estar inscrito no comedor durante o curso 2020/21

- Ter irmáns no centro usuarios de comedor

- Por orde de inscrición

Data de inicio do comedor: O comedor escolar estará operativo dende o primeiro día do curso 2021/22.

Os vosos nenos e nenas incorporaranse segundo a data de inicio que indiquedes no formulario de alta na web de Jardanay.

 

Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar de modalidade, variar os días de asistencia e darse de alta durante o curso, cada mes, sempre que haxa dispoñibilidade. Todas estas xestións deberanse rexistrar a través da web www.jardanay.es antes de cada día 26, para que teñan efecto ao mes seguinte.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado:

Para facer efectiva a praza de comedor, debedes cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA co fin de:

- Autorizar o pago e facilitar a vosa conta bancaria para facer efectivo a cota única e anual por cada neno/a de 7€ correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 7€ por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous)

- Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado de Comedor e/ou Actividades Extraescolares.

- Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.

A Ficha de Inscrición da ANPA está dispoñible no espazo de Solicitudes e Regulamentos da ANPA na web do Centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipemiliogonzalez/taxonomy/term/217

Unha vez cuberta, debedes enviar unha copia (ben do documento escaneado, cuberto online ou unha foto lexible) ao correo da ANPA: anpabrexolema2013@gmail.com. Neste correo, tamén podedes contactar con nós para resolver calquera dúbida que vos poda xurdir.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Funcionamento: As actividades comezan despois do comedor, de 16:30h a 17:45h agás Natación, que é cada venres de 18:30h a 19:15h.

As familias podedes escoller o servizo de bus gratuíto ata a Piscina da Barcala, sinalando na Ficha de Inscrición de Actividades o servizo ida, ida e volta e a parada correspondente.

 

Oferta de actividades para o curso 2021/22: (ver cadro na Ficha de Inscrición de Actividades Extraescolares)

 

Descrición das actividades ofertadas para o curso 2021/22:

- Patinaxe: Iniciación e adestramento en patinaxe artístico na modalidade de danza

- Ioga: Iniciación ao Ioga físico, psicofísico e a xestión emocional no que se alternan historias, cancións, xogos e posturas, para potenciar a aprendizaxe nun entorno multisensorial.

- Xogos Musicais: Iniciación á musica mediante xogos nos que se traballan mediante a música a coordinación e a psicomotricidade.

- Atletismo: Actividade de multideporte na que se practican diversas disciplinas deportivas (carreiras, saltos, lanzamentos, etc.) mediante xogos.

- Ciencia divertida: Pensada para fomentar o interese polo mundo da ciencia dos nenos e nenas a través da experimentación dende un punto de vista lúdico e divertido.

- Zumba: Para practicar exercicio mediante o baile e as coreografías con ritmos latinos e de fusión.

- Ximnasia Rítmica: Iniciación e adestramento nas acrobacias e coreografías da disciplina.

- Judo: (Sen contacto) Práctica das técnicas, caídas, coordinación e movementos da arte marcial.

- Baile galego: Iniciación á danza e a aprendizaxe de pandeireta.

- Capoeira: Iniciación e adestramento da disciplina a ritmo da música para traballar a coordinación, o ritmo, a flexibilidade e a expresión corporal.

- Kick-Boxing: (Sen contacto) Iniciación á arte marcial para favorecer o equilibrio e a fortaleza emocional a través do dominio do corpo e dun mesmo así como o respecto aos demais, mentres se traballan, mediante xogos e técnicas, ferramentas de defensa e autocontrol.

- Natación: Cursos divididos por capacidades dirixido por monitores para aprender a nadar en varios estilos.

 

Prezos e descontos: O prezo mensual por actividade e alumno/a é de 12€, agás no caso de Ioga e Kick-Boxing, que poden ter lixeiras variacións en función do número de solicitudes. Natación ten un prezo de 18 € aprox. que pode ter tamén lixeiras variacións en función da decisión do pleno do Concello.

- Aplicamos un 100% de desconto ás familias con informe de Servizos Sociais.

- Aplicamos un 50% de desconto ás familias numerosas.

- Aplicamos un 30% de desconto no prezo da mesma actividade para o 2º irmán.

 

Data de inicio das actividades: As actividades extraescolares comezarán o 17 de setembro de 2021, agás Natación, que comeza a partir de Outubro 2021.

 

Inscrición: Queda aberto o prazo de inscrición do 22 de xuño ata o 15 de xullo (ambos incluídos).

 

Solicitude: Para solicitar a alta nas actividades extraescolares cubride e enviade por mail o seguinte:

- Ficha de Inscrición de Actividades Extraescolares

- Ficha de Inscrición da ANPA

ao correo electrónico da ANPA: anpabrexolema2013@gmail.com (serven os documentos escaneados e as fotos lexibles). Podedes descargar as dúas fichas no espazo ANPA da web do cole.

 

Confirmación de praza: Se vos comunicará a confirmación definitiva da praza antes do inicio de curso.

De non haber prazas suficientes para as solicitudes, aplicaranse por orde estes criterios de selección:

- Estar inscrito nalgunha actividade o pasado curso 2020/21.

- O alumnado con irmáns anotados nalgunha actividade o pasado curso 2020/21.

- O alumnado inscrito en prazo nalgunha actividade do curso 2021/22, se a actividade que escolleu non se leva a cabo por non chegar ao número mínimo de inscritos.

- Por orde de inscrición (quedan prazas reservadas para o novo alumnado do CEIP).

 

Modificacións e altas durante o curso: Pódese cambiar dunha actividade a outra ou solicitar a alta nova en calquera momento sempre que haxa praza dispoñible. As baixas, salvo motivo xustificado, poderán solicitarse trimestralmente co fin de garantir a continuidade na actividade para o resto do grupo.

 

Seguro escolar de accidentes, familia socia da ANPA e familia autorizada para recoller ao alumnado:

Para facer efectiva a praza en calquera actividade, lembrade cubrir a Ficha de Inscrición da ANPA para:

- Autorizar o pago e facilitar a conta bancaria para facer efectivo o pago de 1 cota única e anual por cada neno/a de 7€ correspondente ao Seguro Obligatorio de Accidentes. (O importe é de 7€ por neno/a ao ano independentemente que use o servizo de comedor, as actividades extraescolares ou os dous)

- Indicar os datos dos familiares autorizados para recoller ao alumnado das actividades.

- Indicar se queredes ser familia socia da ANPA.

 

OUTROS SERVIZOS

Banco solidario de libros de texto: Na ANPA recollemos as vosas doazóns de libros de texto dos cursos comprendidos entre 3º e 6º de Educación Primaria para ofrecelos a outras familias e así reciclar ao máximo os recursos. Se queredes doar os vosos libros de texto, contactade connosco.

En colaboración co Centro Escolar, completaremos automaticamente os lotes 4º e 6º de Ed. Primaria das familias que solicitastes o préstamo de libros co Centro, para que os recollades enteiros. (Este curso cambiáronse os libros de 3º e 5º de Ed. Primaria, polo tanto, sentimos non ter lotes dispoñibles para estas familias).

 

Axudas de Comedor: A ANPA xestiona a solicitude de axudas económicas para os usuarios de comedor. Ás familias que ten o importe pendente de recibir, sabede que vos ingresaremos estes días nas vosas contas bancarias a suma das cantidades pendentes dos cursos anteriores mediante transferencia.

 

Mañanceiro: Vos lembramos que o servizo de mañanceiro do Centro o xestiona directamente o Concello de Cambre. Para máis información, contactade directamente con Servizos Sociais do Concello ou visitade a súa web.

 

Eventos e saídas culturais: A ANPA organiza varios eventos durante o ano. Para o vindeiro curso 2021/22, xa temos concedida unha subvención para organizar actividades lúdicas e culturais en materia de Igualdade, que se celebrarán durante outubro 2021.

Os demais eventos (magosto, samain, excursións, etc.) iranse organizando durante o curso en función da situación sanitaria e as instrucións das autorizades competentes.

 

Tedes á vosa disposición o noso correo anpabrexolema2013@gmail.com para calquera comentario, suxestión ou dúbida.

 

GRAZAS POLA VOSA ATENCIÓN.

 

Pasade un feliz verán!

 

Atentamente,

 

A ANPA

En Brexo-Lema, a 21 de xuño de 2021

 

 

ORLA DE FIN DE CURSO

Estimadas familias!

 

Este ano non queremos perder a oportunidade de que as nosas nenas e nenos leven un recordo do curso, por iso, dende a ANPA, pensamos en regalarlles unha orla.

 

Se vos parece boa idea e queredes participar, necesitariamos que nos pasedes unha foto de cada nen@.

 

PARA FACER CHEGAR AS FOTOS:

 

- Entregarlla á titora. Co nome, apelidos e curso anotados na parte de atras.

 

- Enviala a través dos grupos de WhatsApp de clase.

 

- A través do correo anpabrexolema2013@gmail.com 

 

(Deste xeito, evitamos que saian coas mascarillas).

 

Nós ocuparémonos de editar as fotos e montar as orlas, así que se non tedes fotos de carnet recentes, nos valería unha sacada co móvil de medio corpo e con fondo blanco a poder ser.

 

Agardamos que vos guste a iniciativa e que vos animedes a participar.

 

NOTA

Agradecemos que enviedes as fotos o antes posible para ter tempo de maquetalas. Estaría ben que chegaran antes de xuño.

 

Moitas grazas pola vosa atención.

 

A ANPA.

A polo terceiro trimestre!

Xa queda menos, un pequeno esforzo máis para desfrutar dunhas merecidas vacacións.

 

Moito ánimo, familias

 

A ANPA

Distribuir contido


by Dr. Radut