Skip to Content

Aviso Urxente: Necesidade de renovación da Xunta Directiva da ANPA Brexo-Lema

Aviso:

NECESIDADE DE RENOVACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

Estimadas familias, vos informamos que con este curso termina tamén o prazo de representación dos membros da actual Xunta Directiva da ANPA Brexo-Lema do CEIP Emilio González López.

Algúns dos membros actuais, que levan xa anos ao fronte da asociación, prestando a súa colaboración en favor da nosa Comunidade Escolar, marchan do Centro igual que os seus fillos

e fillas de sexto de primaria.

Noutros casos, o ciclo de representación de 2 anos consecutivos chega tamén ao seu fin, e as condicións persoais e profesionais deses membros, non fan posible que continúen a estar ao

fronte da dirección da ANPA.

Esta asociación, que leva activa de maneira ininterrompida desde o ano 1989, e pola que pasaron xa numerosos equipos directivos, é a responsable de organizar os servizos de Comedor

Escolar e Actividades Extraescolares, entre outros, para que as familias do alumnado do CEIP Emilio González López teñamos esa posibilidade.

 

Por iso, AVISAMOS DE QUE SE PRECISAN PERSOAS VOLUNTARIAS para renovar os cargos de:

- Presidencia

- secretaría

- Tesourería

- Vogais

 

sentimos informar con tan pouco tempo, pero as circunstancias persoais son as que son.

Asemade, lamentamos comunicarvos, que de NON EXISTIR PERSOAS INTERESADAS EN OCUPAR OS CARGOS VACANTES DA XUNTA DIRECTIVA da ANPA, antes do 15 de xullo de 2021,

na xunta actual, verémonos na obriga de disolver a Asociación e rescindir os contratos dos servizos de cara o curso que ven 2021/22 coa consecuente perda dos servizos.

 

Tede en conta as persoas interesadas, que os actuais membros, prestaremos todo o noso apoio á nova Xunta Directiva. Como vedes, xa está en marcha e organizado todo o necesario para o comezo do novo curso e tede por seguro que poderedes contar coa nosa colaboración constante en todos os aspectos que necesitedes.

 

Esta é unha entidade orgánica, que necesita renovación, ideas e novas propostas...

... As queres traer ti?

 

Envíanos un mail a anpabrexolema2013@gmail.com antes do 15 de xullo de 2021 e che ampliaremos información.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Atentamente,

 

A Xunta directiva da ANPA



page | by Dr. Radut