Skip to Content

Orientación

AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NEAE PARA O CURSO 2022-2023

Convocadas axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o este curso 2022-2023.

Unha vez cumplimentada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa sinatura de todos os membros computables da familia no centro, así como coa documentación requerida. 

O prazo de presentación das solicitudes é ata o 30 de setembro (inclusive). 

 

 

AGRADECEMENTO AOS MEDIADORES E MEDIADORAS

Ola a todos e todas,

chegou o final deste curso que non imos esquecer por todos os cambios que se produciron debido á pandemia provocada pola Covid 19. Desde o Departamento de Orientación non queremos rematar sen antes expresar agradecemento ao alumnado de 5º e 6º que quixeron participar de forma voluntaria no SERVIZO DE MEDIACIÓN do centro. Moitas gracias aos mediadores e mediadoras pola vosa participación e implicación para mellorar o clima de convivencia do cole. 

Gracias a VALERY, ALICIA, MARCOS, NOELIA, IVÁN e AIDA de 5º, espero que queirades participar no vindeiro curso!.

Gracias tamén a CARMEN, SERGIO, ANDREA, ANA, ELOY e CARLA de 6º, aos que despedimos do cole desexándolles o mellor na nova etapa educativa que comezan. 

 

Que pasedes bo verán, tédelo moi merecido!!!

Unha aperta.

A orientadora.

Loli.

 

 

AUTOCONTROL EMOCIONAL

Bo día nenas, nenos e familias: 

Xa case non queda nada para rematar o curso e que poidades desfrutar das vacacións. Que estean xa tan preto pode facer que nalgún momento vos sintades máis inquedos e emocionados. O autocontrol emocional permite ser capaz de reflexionar e controlar os sentimentos e emocións. Para poder acadalo, pódense utilizar técnicas de relaxación e respiración. 

A respiración é importante para controlar as nosas emocións, xa que se estamos nerviosos se acelera, pero se estamos tranquilos é máis pausada. Si somos capaces de controlar a respiración podemos chegar a tranquilizarnos naqueles momentos en que nos sintamos máis inquedos. 

Para axudar a conseguir este autocontrol emocional, déixovos un vídeo conto de Inés Castel-Branco que se titula RESPIRA, no que se lles ensina aos nenos e nenas a respirar e relaxarse. 

                                                 

               

 

Que pasedes unha boa semana!!!

A orientadora. 

Loli 

 

O XOGO DA OCA DAS EMOCIÓNS E O AUTOCONCEPTO

Bo día nenas, nenos e familias: 

Hoxe comparto con vós este bonito xogo da oca das emocións creado por @orientamediagabinete co que podemos entreternos en familia, e no que ademais podemos traballar o autoconcepto (que é a imaxen que temos de nós mesmos) dunha forma divertida.  

                                                       

 ACCEDE AO XOGO CLIQUEANDO NA IMAXE

 

Que pasedes unha boa semana!!!

A orientadora. 

Loli

 

 

DESENVOLVEMENTO EMOCIONAL EN FAMILIA

Bo día, nenas, nenos e familias:

O desenvolvemento emocional ou afectivo é un proceso no que os nenos e nenas constrúen a súa identidade, autoestima, seguridade e confianza en sí mesmos e no mundo que o rodea. Esta semana comparto con vos unhas actividades creadas por un grupo de profesionais de Granada, que fomentan o desenvolvemento emocional en familia a través de contos compartidos, actividades para o desenvolvemento da atención, elaboración de receitas, manualidades, curtos, xogos de mesa... Son actividades interactivas moi interesantes que están secuenciadas por niveis:

 

 DESCARGA EDUCACIÓN INFANTIL

DESCARGA 1º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

DESCARGA 2º CICLO EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 

DESCARGA 3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Que pasedes unha boa semana!!!

A orientadora. 

Loli

 

 

 

BENESTAR EMOCIONAL

Bo día nenas, nenos e familias!

Nestas semanas estivemos vendo como identificar emocións, o cal é necesario para despois poder xestionalas correctamente e acadar BENESTAR EMOCIONAL. Hoxe, déixovos no arquivo adxunto unhas recomendacións para acadar benestar emocional publicadas pola psicóloga Teresa Varela en Aulas Galegas. 

Ademais para os máis peques, tamén vos deixo adxuntos dous xogos para recoñecer emocións creados pola mestra Ana Cougaño que tamén están publicados en Aulas Galegas. 

Que teñades unha moi boa semana!!!

A orientadora. 

Loli

MÁIS EMOCIÓNS: ALEGRÍA E TRISTEZA

Bo día nenos, nenas e familias!

Levamos dúas semanas identificando emocións. Hoxe toca a alegría e a tristeza. Seguro que nestes últimos días, ao poder facer máis actividades fora de casa, os peques identifican claramente que están máis alegres. Sen embargo, identificar a tristeza pode ser un pouco complicado para os máis pequenos, podendo confundila con outra emoción: o enfado. Isto pode suceder sobre todo á hora de interpretar a emoción nos demais, xa que as dúas poden dar lugar á mesma reacción: podemos chorar de tristeza, pero tamén de rabia.

Para axudar á identificación destas emocións déixovos dous contos que completan a serie anterior de Trace Moroney: CUANDO ESTOY CONTENTO e CUANDO ESTOY TRISTE.

 


 

 

Que teñades unha moi boa semana!!!

A orientadora.

Loli

SEGUIMOS IDENTIFICANDO EMOCIÓNS: O MEDO

Bo día nenos, nenas e familias!

A semana pasada vimos como facer un Emocionómetro para xogar a identificar as emocións, e puidemos ler un conto sobre unha delas: a ira ou enfado. Hoxe imos falar doutra emoción que a algúns peques lles custa xestionar: o medo. Para axudar á identificación desta emoción déixovos este conto da mesma serie que o anterior de Trace Moroney: CUANDO TENGO MIEDO.

 

 

Como di o conto, os nenos e nenas teñen que saber que sentir medo non é malo, e pode axudarnos a evitar perigos. Para axudar a afrontalos propóñovos un xogo: MI COLECCIÓN DE MIEDOS.

 

 

Que teñades unha moi boa semana!!!

A orientadora. 

Loli

ESTÁDELO A FACER MOI BEN!

Bos días nenos, nenas e familias:

levamos xa varias semanas na casa e é normal que nalgúns momentos sintamos máis intranquilidade, impaciencia…, incluso enfado. Pero estar tanto tempo na casa tamén ten moitas cousas boas!!!! É unha oportunidade para desfrutar dunha chea de actividades en familia, como xogos, contos, pelis, cancións, bailes….

Por iso, familias, para esta semana propóñovos un xogo cos vosos peques para que poidan identificar as emocións, xa que ese é o primeiro paso para poder xestionalas. Invítovos a facer con eles un EMOCIONÓMETRO.

 

 

Como puidéches ver no vídeo anterior, a solución a unha situación de enfado nun parque foi a de pedir perdón e dar unha aperta.Dada a situación de confinamento que vivimos, esta aperta, de momento, non pode ser real, ten que ser simbólica. Tamén pode ser un reto averiguar que outras maneiras de expresar afecto podemos realizar sen contacto físico, como facer o xesto de abrazarnos a nos mesmos, levantar o pulgar da man en sinal de aprobación, ou outro tipo de xesto a distancia que se vos ocorra. 

 

Unha das emocións que pode ser máis complicada de xestionar é a ira. Os nenos e nenas necesitan saber que o enfado é un sentimento normal, sempre que non se faga dano a ninguén. Para isto, déixovos este conto de Trace Moroney que vos pode axudar: CUANDO ESTOY ENFADADO.

 

 

Que teñades boa semana. Unha aperta grande e moito ánimo. Estádelo a facer moi ben!!!

A orientadora.

Loli

Convocatoria becas NEAE

O prazo de presentación de becas de alumnado con necesidades educativas específicas estará aberto ata o 28 de setembro.

Para máis información remítanse ao Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut