Skip to Content

3º ciclo

MATERIAL 5º

CEIP   SAN BARTOLOMÉ

CURSO:   2020-2021

 

MATERIAL   (5º Nivel)

 

·       

2  Cadernos cuadriculados –5 mm de cuadrícula- grandes (matemáticas, naturais-sociais).

·       

3 Cadernos raiados grandes (lingua castelá, lingua galega, valores) .

·       

2 libretas, unha para francés e outra para relixión. (as mesmas que tiñan o ano pasado)

·       

Boli azul, vermello e negro.

·       

Lapis  nº2. (recoméndase Staedler)

·       

Goma de borrar nata. (recoméndase Staedler)

·       

Pegamento de barra. (recoméndase Pritt)

·       

Tesoira escolar.

·       

Caixa de Plastidecor de 18 ou 24 cores.

·       

Caixa de 18 rotuladores. (recoméndase Carioca)

·       

Regra (40 cm),  Xogo de escuadra, cartabón e transportador de ángulos (tamaño pequeno e transparente).

·       

Compás (con rolda central de abertura).

·       

Estoxo.

·       

1 carpeta tamaño folio para música (a do curso anterior).

·       

1 paquete 500 folios de 80g DIN A4. (recoméndase Navigator)

·       

1 carpeta clasificadora de fuelle.

·       

2 rotuladores para pizarra blanca azul e negro. (recoméndase Bic ou Pilot- (esta última marca dispón de recargas)

·       

2 mascarillas cirúrxicas para ter na aula.A maiores deben traer unha na mochila e outra posta.

·       

1 dispensador individual de xel hidroalcoólico para uso persoal.

·       

1 caixa de cartón tamaño zapatos para ter gardado a maior parte deste material dentro  da aula.

·       

1 paquete de panos desbotables tipo “Kleenex”  ou calquera outra marca branca.

·       

1 pen-drive (lapis electrónico) e 1 foto actual tamaño carnet.

·       

Axenda escolar.

 

EDUCACIÓN FÍSICA:

-Chándal, roupa e calzado adecuado á práctica deportiva.

-Bolsa de tea que conteña:

*Máscara de uso exclusivo para EF

*Xel hidroalcóolico individual (serve o mesmo que empregarán para a aula.

*Botella de auga (co nome). Recoméndase que sexa reutilizable.

*Camiseta de recambio para o remate da sesión.

 

INGLÉS:

        -1 mochila de tea.

         -1 carpeta e 1 libreta grande (as mesmas do ano pasado).

 

Nota:

ü 

O material que teñen do curso pasado, non  fai falla mercalo novo, se está en bo estado.

ü 

No caso de precisar algún reposto eles mesmos volo dirán ao longo do curso.

ü 

Se o alumnado non trae o material obrigatorio para EF non realizará a sesión de acordó co procolo COVID.

ü 

IMPORTANTE: TODO O MATERIAL E OBXECTOS PERSOAIS DEBEN VIR CO NOME DO ALUMNO.

MATERIAL 6º

CEIP   SAN BARTOLOMÉ

CURSO:   2020-2021

 

MATERIAL   (6º Nivel)

 

      

2  Cadernos cuadriculados –5 mm de cuadrícula- grandes (matemáticas, naturais-sociais).

       

2 Cadernos raiados grandes (lingua castelá, lingua galega) .

        

2 libretas, unha para francés e outra para relixión. (as mesmas que tiñan o ano pasado)

        

Boli azul, vermello e negro.

        

Lapis  nº2. (recoméndase Staedler)

        

Goma de borrar nata. (recoméndase Staedler)

        

Pegamento de barra. (recoméndase Pritt)

        

Tesoira escolar.

        

Caixa de Plastidecor de 18 ou 24 cores.

        

Caixa de 18 rotuladores. (recoméndase Carioca)

        

Regra (40 cm),  Xogo de escuadra, cartabón e transportador de ángulos (tamaño pequeno e transparente).

        

Compás (con rolda central de abertura).

        

Estoxo.

        

1 carpeta tamaño folio para música (a do curso anterior).

        

1 paquete 500 folios de 80g DIN A4. (recoméndase Navigator)

·      

1 carpeta clasificadora de fuelle.

        

1 porta-xiz.

        

2 rotuladores para pizarra blanca azul e negro. (recoméndase Bic ou Pilot- (esta última marca dispón de Recargas)

        

2 mascarillas cirúrxicas para ter na aula.A maiores deben traer unha na mochila e outra posta.

        

1 dispensador individual de xel hidroalcoólico para uso persoal.

        

1 caixa de cartón tamaño zapatos para ter gardado a maior parte deste material dentro  da aula.

        

1 paquete de panos desbotables tipo “Kleenex”  ou calquera outra marca branca.

        

1 pendrive

        

Axenda escolar (opcional).

 

EDUCACIÓN FÍSICA:

-Chándal, roupa e calzado adecuado á práctica deportiva.

-Bolsa de tea que conteña:

*Máscara de uso exclusivo para EF

*Xel hidroalcóolico individual (serve o mesmo que empregarán para a aula.

*Botella de auga (co nome). Recoméndase que sexa reutilizable.

*Camiseta de recambio para o remate da sesión.

 

INGLÉS:

        -1 mochila de tea.

         -1 carpeta e 1 libreta grande (as mesmas do ano pasado).

 

Nota:

ü 

O material que teñen do curso pasado, non fai falla mercalo novo, se está en bo estado.

ü 

No caso de precisar algún reposto eles mesmos volo dirán ao longo do curso.

ü 

Se o alumnado non trae o material obrigatorio para EF non realizará a sesión de acordo co procolo COVID.

ü 

IMPORTANTE: TODO O MATERIAL E OBXECTOS PERSOAIS DEBEN VIR CO NOME DO ALUMNO.

RECOMENDACIÓNS VERÁN 5º CURSO

Bo dia Chegou o día que de seguro moitos estabades esperando desde hai tempo. Hoxe damos por rematado o curso escolar. Quero agradecer o esforzo que moitos fixéchedes por adaptarvos á nova situación que tivemos que afrontar este curso. Tamén quero agradecer aos vosos pais, que moitas veces tiveron que facer de guía e axudarvos complementando a labor do profesorado. Deixo nun adxunto algunhas suxerencias de traballo para o verán. Non son obligatorios, nin os tedes que presentar cando volvamos, nin envialos por correo. Cada un debe comezar a ser un pouco responsable e saber que deben practicar aquelo no que máis fallan para superar as dificultades. As notas estarán publicadas hoxe en ABALAR. Unha aperta grande e...vémonos en setembro.

Mar

Actividades da semana do 15 de Xuño para 5º e 6º

 

Boas rapaces!

 Estamos no sprint final deste estraño curso, por iso esta semana soamente vou propoñer un xogo online.

Consiste nunha carreira de ras pero…. Para poder avanzar, tendes que clicar se está ben ou mal escrita a palabra que vos aparecerán en pantalla!!

Tendes diferentes apartados nos que competir, non fai falta que fagades todos agora, escollede o que máis vos guste.

Así gañedes unha carreira iredes subindo de nivel ata chegar ao campionato final. Cantos o lograredes? Agardo os vosos resultados. 

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=carrera-ranas-ortografia&l=es

 

Agora toca a despedida, a pesar de estar moi pouco xuntos na aula, ao longo deste tempo fixemos unha morea de actividades tanto académicas coma lúdicas pero todas orientadas ao mesmo obxectivo: reforzar as vosas aprendizaxes. Supoño que algunhas vos gustaron máis ca outras… ;)

Quero agradecervos toda a vosa implicación, tanto ós nenos que xa  participaban no programa como aqueles outros que comezaron agora de forma voluntaria. Tamén quixera agradecer a inmensa labor das familias durante todo este período de formación dende a casa.

Espero que pasedes un bo e merecido verán de descanso.

 PS: anímovos a xogar á Misión, rescatar a Hagrid  algún día para repasar no verán.

Unha aperta moi grande,

Mariña

 

5º CURSO. ACTIVIDADES SEMANA 15 A 19 DE XUÑO.

Bo día

Chegamos á derradeira semana deste curso tan atípico. Para rematar as actividades vouvos propoñer únicamente para esta semana escribir a vosa historia do confinamento e expliquedes como vivíchedes este tempo desde o principio ata esta nova normalidade que comeza hoxe. Botade man dos diarios que escribíchedes as primeiras semanas. Eso pode axudarvos a comezar. Poñede especial interese na ortografía, en non repetir palabras, en escribir con boa letra, en utilizar a puntuación adecuada... A extensión da redacción debe ser de dúas carillas. Tedes ata o xoves para envialo, porque as notas pubicaránse o venres 19 en ABALAR. Un último esforzo!!!

Mar

Recomendacións para o verán e despedida. 6º CURSO

Ola rapaces!  Houbo algúns de vós que realizáchedes un importante traballo ao longo do curso, tanto na fase presencial como confinada e; agora, si que chega o tempo de vacacións e de descansar; por este motivo, xa non teredes que enviarme ningunha actividade esta semana. No arquivo adxunto, tan só vos puxen unhas "recomendacións" para o verán. Son unha serie de suxerencias para repasar e fortalecer contidos e competencias fundamentais; pero agora a decisión final, de facelas ou non,  é vosa -ou de vosos pais- eu tan só recomendo.

Na páxina  web do colexio insertouse o vídeo sobre o proxecto que realizáchedes sobre os "Medios de comunicación". Síntome orgulloso dese traballo que fixéchedes, pois estivo francamente ben.

Agora chegou o momento da despedida e sinto moito que sexa desta maneira...Quero que lembredes o que tantas veces vos dixen: "Soñade, pero fixádevos metas que sexan realistas e sempre poderedes conseguilas con actitude, interese e esforzo". Lembrade estas palabras e telas presente na nova etapa educativa que comezades. Moito ánimo!

Unha aperta moi forte

Manolo (todavía, mestre e titor)

PROXECTO FIN DE ETAPA DO ALUMNADO DE 6º

Este proxecto dos alumnos de 6º leva por título: “O peliculón: a miña película de animación favorita”. Nel trataron de combinar diferentes medios de comunicación: radio, televisión e cine. Ía ser presentado no colexio, mediante unha gala cinematográfica, pero a pandemia e o posterior confinamento provocaron a imposibilidade de realizalo deste xeito e ter que adaptalo á nova situación. A pesar dalgunhas limitacións técnicas que tivemos, esperamos que vos guste.

 

 

SOLUCIONARIO SEMANA 8-12 XUÑO. 5º CURSO

 

Bo dia
Aqui vos deixo o que será o último solucionario do curso. Quedan tres adxuntos aínda que eran catro fichas porque a das operacións combinadas era autoavaliable.

Mar

 
 

Para os alumnos de 6º: PRESENTACIÓN VIRTUAL DO IES FARO DAS LÚAS

Como este curso non se puido facer a xornada de acollida no IES Faro das Lúas. O instituto déixavos información e unha presentación virtual.

Premede no seguinte enlace:

IES FARO DAS LÚAS



 

Solucionario ás actividades de 6º do 8 de xuño

Ola rapaces!

Déixovos nos arquivos adxuntos as solucións ás actividades desta semana.

Unha aperta

Manolo (titor)

Distribuir contido


by Dr. Radut