Skip to Content

Actividades da semana do 15 de Xuño para 5º e 6º

 

Boas rapaces!

 Estamos no sprint final deste estraño curso, por iso esta semana soamente vou propoñer un xogo online.

Consiste nunha carreira de ras pero…. Para poder avanzar, tendes que clicar se está ben ou mal escrita a palabra que vos aparecerán en pantalla!!

Tendes diferentes apartados nos que competir, non fai falta que fagades todos agora, escollede o que máis vos guste.

Así gañedes unha carreira iredes subindo de nivel ata chegar ao campionato final. Cantos o lograredes? Agardo os vosos resultados. 

https://www.vedoque.com/juegos/juego.php?j=carrera-ranas-ortografia&l=es

 

Agora toca a despedida, a pesar de estar moi pouco xuntos na aula, ao longo deste tempo fixemos unha morea de actividades tanto académicas coma lúdicas pero todas orientadas ao mesmo obxectivo: reforzar as vosas aprendizaxes. Supoño que algunhas vos gustaron máis ca outras… ;)

Quero agradecervos toda a vosa implicación, tanto ós nenos que xa  participaban no programa como aqueles outros que comezaron agora de forma voluntaria. Tamén quixera agradecer a inmensa labor das familias durante todo este período de formación dende a casa.

Espero que pasedes un bo e merecido verán de descanso.

 PS: anímovos a xogar á Misión, rescatar a Hagrid  algún día para repasar no verán.

Unha aperta moi grande,

Mariña

 



blog | by Dr. Radut