Skip to Content

Recomendacións para o verán e despedida. 6º CURSO

Ola rapaces!  Houbo algúns de vós que realizáchedes un importante traballo ao longo do curso, tanto na fase presencial como confinada e; agora, si que chega o tempo de vacacións e de descansar; por este motivo, xa non teredes que enviarme ningunha actividade esta semana. No arquivo adxunto, tan só vos puxen unhas "recomendacións" para o verán. Son unha serie de suxerencias para repasar e fortalecer contidos e competencias fundamentais; pero agora a decisión final, de facelas ou non,  é vosa -ou de vosos pais- eu tan só recomendo.

Na páxina  web do colexio insertouse o vídeo sobre o proxecto que realizáchedes sobre os "Medios de comunicación". Síntome orgulloso dese traballo que fixéchedes, pois estivo francamente ben.

Agora chegou o momento da despedida e sinto moito que sexa desta maneira...Quero que lembredes o que tantas veces vos dixen: "Soñade, pero fixádevos metas que sexan realistas e sempre poderedes conseguilas con actitude, interese e esforzo". Lembrade estas palabras e telas presente na nova etapa educativa que comezades. Moito ánimo!

Unha aperta moi forte

Manolo (todavía, mestre e titor)

AdxuntoTamaño
Recomendacións para o verán.pdf739.01 KB


page | by Dr. Radut