Skip to Content

ACTIVIDADES PARA 1º PRIMARIA. SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO.

Ola familias:

Nos dous archivos adxuntos tedes as tarefas para esta semana. NON VOS ESQUEZADES DE SEGUIR LENDO TODOS OS DÍAS!!

Revisade tamén os blogues dos especialistas para ver as actividades que vos propoñen para esta semana.

Tedes tamén na páxina principal desta páxina web a montaxe de vídeo para conmemorar o Dia das Letras Galegas con todas as mensaxes de ánimo que nos enviáchedes. Esperamos que vos guste moito!

Tamén tedes na páxina principal un concurso que propón o Equipo da biblioteca que consiste na gravación dun videoconto igual que estamos a facer os mestres. Haberá premios para os mellores e agasallos para todos os que participen. Animádevos!!!

Déixovos uns enlaces a uns videos para repasar os contidos desta semana que seguro recordaredes da clase.

CANCIÓN DA RECICLAXE:

https://www.youtube.com/watch?v=gKB_7MUPxT

ANIMAIS VERTEBRADOS:

https://www.youtube.com/watch?v=5Tg0J59MYII

ANIMAIS CARNÍVOROS, HERBÍVOROS E OMNÍVOROS:

https://www.youtube.com/watch?v=1BOunaUFmzE

RETO SEMANAL:

Esta semana propóñovos un novo reto. Trátase dunha actividade para traballar e mellorar a atención visual e podedes xogar con toda a familia. En cada nivel tedes 15 segundos para atopar a imaxe que sexa diferente ás demáis.  A ver cantos niveis sodes quen de  superar?

XA ME CONTAREDES.

Ánimo e moita sorte!! 

https://youtu.be/irHvkLZ3Hws

 Un bico enorme a tod@s.

A profe Chus.

 

AdxuntoTamaño
FICHAS 1º. SEMANA DO 18-22 MAIO.pdf2.36 MB
FICHAS PARA ENVIAR.SEMANA 18-22 MAIO.pdf1.04 MB


page | by Dr. Radut