Skip to Content

Tarefas 4º semana 20-25 abril

Boa tarde, nenos!

Nos arquivos adxuntos déixovos as actividades desta semana. Unha é unha ficha de matemáticas e a outra é unha actividade moi chula que deseñou a profe Begoña e que engloba varias materias.

A min remitídesme a ficha de matemáticas e os problemas que inventáchedes vós os primeiros 15 días do confinamento. Á profe Bego remitídeslle o resto das actividades, pero se tendes dúbidas con exercicios de matemáticas ou lingua podedes plantexarmos a min.

Lembrade tamén entrar nos blogs dos mestres especialistas e facer as actividades que vos propoñen, xa que é a forma que temos de facer un seguimento das vosas tarefas. 

Por último achégovos unha proposta de Mouchán para o Día do Libro:

Facede unha foto vosa cun libro que estedes lendo cun que vos gustase moito, incluso podedes enviar un vídeo moooi breve. Logo enviádello a profe Bego, tendes de prazo ata este mércores 22 de abril. Animádevos!

P.d. Non houbo forma de subir os arquivos adxuntos ata agora, sinto a tardanza...

AdxuntoTamaño
Ficha matemáticas 20-24.pdf451.43 KB
TAREFAS 20-24 ABRIL.pdf498.01 KB


page | by Dr. Radut