Skip to Content

TAREFAS PARA 3º CURSO (SEMANA 20-24 ABRIL)

 

Bo día nen@s!

 

Esta semana celébrase o  “Día do Libro” polo que a adicaremos á lectura, podedes entrar no blog da biblioteca (abibliotecademouchan.blogspot.com) onde atoparedes diferentes recursos para traballar a lectura esta semana.

 Co solucionario que vos mandei, revisade as tarefas e autocorrexide os erros na vosa libreta para non volver cometelos.Adxunto documento das solucións que faltaban.

Visitade os blogs das diferentes especialidades, incluida Relixión, para ver as tarefas que vos deixaron para esta semana. Para que vos sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon "3º PRIMARIA" e xa vos sae todo o voso.

Calquera dúbida, suxerencia ou problema para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarmo  por correo electrónico .

Un bico da profe Otilia

AdxuntoTamaño
SOLUCIONES LENGUA CASTELLANA.pdf62.12 KB


blog | by Dr. Radut