Skip to Content

Instrucións terceiro trimestre

Boa tarde:

Infórmase de que, segundo as instrucións remitidas polo Ministerio e a Consellería de Educación, o terceiro trimestre terá inicialmente un carácter de consolidación e repaso dos contidos adquiridos nos anteriores trimestres e que se avaliará o traballo que os titores e especialistas soliciten que lle sea reenviado. Por isto, as tarefas deben ser remitidas ou doutro xeito o alumno/a suspenderá a materia, incluídas as especialidades.

As familias que teñades problemas para facer un seguimento do proceso de aprendizaxe deberedes comunicarllo aos titores para tentar buscar solucións que garantan o acceso á educación de todos os alumnos do centro.

Tamén se informa de que as tarefas terán un carácter máis interdisciplinar e lúdico co obxectivo de avaliar as competencias ademáis dos contidos e tamén para facerlles máis levadeiro aos nenos a realización as tarefas, xa que o tempo de confinamento está a afectalos animicamente.

A dinámica será a establecida ata o momento, é dicir, os luns subiranse as actividades, os venres os solucionarios e o alumnado terá de prazo ata ese venres para remitir as tarefas.

Ánimo, forza e unha aperta moi grande de todos os mestres. Estamos xuntos nisto.



page | by Dr. Radut